Xoves. 09.07.2020
El tiempo

Héctor Castro, novo presi do Cerqueda: ”É un posto de gran responsabilidade e a priori dá un pouco de respecto"

Héctor Castro, novo presi do Cerqueda: ”É un posto de gran responsabilidade e a priori dá un pouco de respecto"

Héctor Castro, un dos novos presidentes do Fútbol da Costa que se embarca en esta aventura da nova normalidade, encabezando un novo proxecto da Unión Deportiva Cerqueda. Pasa da bancada a presidencia.

 
  • QPC: O teu nome sempre estivo en moitas quinielas para a presidencia, eras reacio a esa situación, porque agora si deches o paso?

Pois non sei sinceramente si estiven en moitas quinielas eh jajaja. A verdade e que é un posto de gran responsabilidade e a priori sempre da un pouco de respecto, pero cando me propuxeron a candidatura e vin o grupo que me acompaña na directiva e o ben que esta montada toda a estructura do clube foi máis sinxelo tomar a decisión.

 
  • QPC: Xogador, directivo, incluso adestrador nun partido de Copa da Costa contra o todopoderoso Fisterra e agora presi, como viviches cada momento?

De xogador teño moi bos recordos, sobre todo en categorías base e non polos resultados deportivos que sempre foron “regulares”, senón pola familia que sempre fomos no vestiario e que creo que nos quedou grabada a todos os que a vivimos. De adestrador foi por circustancias de aquel momento, a verdade e que viñamos de unha mala temporada en 3ª rexional e empatar dous partidos cun 1ª coma o Finisterre (aínda que finalmente perdéramos a penaltis) axudou moito para dar confianza e manter unha base de xogadores que acadaría o ansiado ascenso á Liga da Costa a temporada seguínte. Agora toca presidente, empezamos con moita ilusión de facer todo o mellor posible, as sensacións son moi boas e creo que imos conseguir os obxectivos.

 
  • QPC: Foches xogador na base, para ti persoalmente que significa ter todas as categorías?

É o que fai que un clube sexa verdadeiramente grande independientemente da categoría que éste dispute. Entrar un día pola tarde e ver a vida que ten o campo de Xaviña con 80 rapaces e rapazas entrenando paga todo o traballo que ten unha directiva detrás. O Cerqueda medrou moito coma entidade dende que se decidíu a apostar polo fútbol base.

 
  • QPC: Tamén estades a dar o paso no fútbol feminino. Como vai ese proxecto?

Esta temporada decidimos apostar por un coordinador deportivo (Nacho) que nos vai axudar na tarefa do fútbol base e no feminino. Estamos con moita ilusión e xa tivo varios contactos con xogadoras nas cales temos moitas esperanzas que acaben xogando con nós. Pensamos que é algo que agora ten que apostar a Liga da Costa para seguir sendo un referente do fútbol galego.

 
  • QPC: Sigues apostando pola continuidade de Michel como adestrador nos seniors. Que obxectivos están marcados para esta campaña?

Toda a directiva ten confianza en Míchel e así tamén nolo fixeron chegar dende o vestiario. El tamén mostrou a súa predisposición a seguir así que non foi díficil. Xa está traballando na planificación da seguinte temporada e é algo de agradecer. O obxectivo dun clube humilde coma o noso sempre ten que ser a priori a permanencia, logo a liga marcará se podemos soñar con algo máis.

 
  • QPC: Un dos temas importantes é o económico. Máis categorías, máis gastos, despois do sucedido da pandemia, como crees que reaccionarán as empresas?

En Cerqueda a verdade e que temos a sorte de ter uns patrocinadores moi fiéis que sempre estiveron apoiando a entidade en todo momento, gracias a eles seguimos poñendo o nome de Cerqueda por todos os campos da Costa e sempre lles estaremos agradecidos. Eu, como autónomo, tamén sei como está a situación, pero temos que velo como algo puntual do cal imos sair máis pronto que tarde, intentaremos traballar o máximo para facer máis socios e patrocinios posibles.

 
  • QPC: Para terminar, que sería para ti un éxito o remate dos 4 anos que che quedan por diante?

Que o clube siga crecendo deportivamente, que todo o mundo se sinta orgulloso do noso mandato e que outra persoa colla o relevo jajaja.

Directos arredor do #FutboldaCosta

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

comentarios