Martes. 19.03.2024
El tiempo

Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas."

Saskia xogadora de Laxe no Bergantinos feminino
Saskia, xogadora de Laxe no Bergantiños feminino
Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas."

Seguimos coñecendo ás nosas protagonistas do #FutFem, e hoxe toca falarmos con Saskia Rodríguez, xogadora laxense que está a vivir a sua primeira aventura no fútbol feminino nas filas do Bergantiños. Aínda en idade infantil dá o gran salto a un dos equipos máis punteiros da comarca, que aínda ten opcións a todo na 2ª División.

 
  • QPC: Os adestradores son importantes na base, para seguir coas gañas de xogar o fútbol?

No meu punto de vista os adestradores son a base do equipo para facer o equipo. Ademais dos coñecementos do entrenador ten que ter unha personalidade para tratar con categorías inferiores. Podes ser un bo adestrador pero non adaptarte aos nenos polo que estes perden o interese no adestrador e ademais poden perder o interese no fútbol.

 
  • QPC: Xogas en calquera posición da zona defensiva, pero en cal te sintes máis cómoda?

Eu síntome mais cómoda xogando de lateral pola banda dereita porque desde que empezei a xogar sempre me deron os coñecementos de o xogo na banda porque non é o mesmo xogar polo centro que pola banda.

 
  • QPC: Como valoras o teu paso na categoría de infantil no Laxe?

Valoro como un paso necesario no aprendizaxe, das distintas técnicas de fútbol para ir subindo de categoría.

 Saskia e Anxo coincidiron no Laxe
Saskia e Anxo coincidiron no Laxe
  • QPC: Se puideras elixir, que prefires xogar, en equipo mixto ou só feminino?

Na miña opinión sería mellor empezar nun equipo mixto porque os homes teñen un físico bioloxicamente mais forte que as mulleres e cando cambias de xogar con homes a mulleres vas ter máis ventaxas xa só por forza maior.

 
  • QPC: Este ano chegaches o Bergantiños, como se executou o fichaxe?

Porque fun convocada a tempada pasada polo equipo do Bergantiños para a copa Gallaecia.

 
  • QPC: Moita diferencia de xogar contra xogadores de idades similares agora que xa son máis maiores?

No Bergantiños hai moita diferencia porque estou xogando con xogadoras de ata 26 anos, que teñen moita fortaleza física.

 
  • QPC: Es infantil aún, e de momento estás tendo poucas oportunidades no equipo pero sempre vas collendo conceptos para aprender?

Si, porque é outro ano de aprendizaxe onde hai que pelear por un posto contra xogadoras máis veteranas.

 
  • QPC: Esta tempada estades pelexando polo título de liga, eso sempre motiva?

É unha motivación tanto para as xogadoras como para o corpo técnico.

 
  • QPC: O ano pasado viviches a final de Copa da Costa desde a grada, xa apoiando ás compañeiras. AGora tocará disfrútala desde o terreo de xogo?

É complicado porque este ano fixeron moitos fichaxes e os partidos importantes xóganos as veteranas e as máis boas.

Entrevitsas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios