Luns. 13.07.2020
El tiempo

Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!"

Alba Trillo, na súa etapa no FSF Villa de Cee e á dereita como xogadora do UC Cee
Alba Trillo, na súa etapa no FSF Villa de Cee e á dereita como xogadora do UC Cee
Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!"

Seguimos coñecendo as xogadoras do noso fútbol femenino. Despois de irmos ata Muros para falar con Pati, e aproveitando o parón desta segunda quincena de febreiro, quedamos en Cee para falar con Alba Trillo. Un Unión Club Cee nóbel na competición, pero que está dando moito que falar ao ser o equipo revelación, xa que a falta de 9 xornadas mantense na 3ª plaza cunha ampla marxe para encarar a promoción de ascenso.

   
  • QPC: Como empezou o Cee feminino?

Exactamente non o sei, xa que empecei a xogar na xornada 6 e non estaba ligada o club. Supoño que naceu cas gañas de crear un equipo donde poideran xogar as rapazas da zona e darlle visibilidade o fútbol femenino. Fai anos xa houbera un equipo femenino no Cee, creo recordar.

 
  • QPC: Que tal os afeccionados no Sampaio de Refoxos?

Moi ben, estamos a ter moita aceptación e apoio, hasta nos partidos de fora da casa. Atreveriame a decir que temos máis afeccionados que moitos equipos masculinos. Axuda moito que as xogadoras sean nenas de 13-15 anos… arrastran a toda familia, jejeje.

 
  • QPC: Sodes o equipo revelación, pensabades estar tan arriba cando empezou a liga?

A verdade é que non. Como xa dixen antes, creo que o proxecto era xuntar as rapazas da zona para que tiveran un equipo donde xogar, darlle visibilidade e que foran medrando neste mundillo, pero a realidade superou as expectativas por completo. Hai xogadoras moi boas, hai banquillo, e gañas de xogar que é o importante. Ademais son xogadoras con moita capacidade de mellora, que fai que o equipo teña un futuro prometedor.

 
  • QPC: Agora loitaredes polo ascenso?

O obxectivo esta en cada fin de semana, en cada partido, superándonos pouco a pouco e disfrutar cada fin de semana, e si se pode, pois claro, non deixar pasar esa oportunidade. Sería moi bonito, claro que si, xogar a fase de ascenso no primer ano de formación do equipo, estaría moi, moi ben!!!

 
  • QPC: Sodes o segundo equipo menos goleado, algo terás que ver como a central do equipo?

O traballo é de todo o equipo, pero temos unha boa defensa. Mención especial leva a miña compañeira Lucía (Lurs). Axudámonos e complementámonos moi ben, ademais de momento non vin a ninguna xogadora que lle gañe correndo, pode empezar dous metros máis atrás que ela chega igual (central incansable). Si eu fallo, xa está ela correndo para atrás jajaja, é mais merito dela que meu.

  UC Cee feminino-Foto-Rafa Quintans
Un dos 11 deste curso do UC Cee - Foto-Rafa Quintáns
  • QPC: Xa pensades no bonito de xogar a Copa da Costa?

Claro que si!! Este tipo de competición sempre se xoga con moita motivación, e sendo da Costa, aínda máis. Xógase entre as rivais máis directas, rivais entre pueblos… (rivalidade sana) sempre foi bonito.

 
  • QPC: Que necesita o fútbol feminino para crecer?

Plantearíao en 5 puntos.
- 1. Visibilidade, o boca a boca, e por medio das redes sociais, apoio do medios, xornais.
- 2. Xente que se implique, con gañas de gastar o seu tempo libre nun proxecto común, nun proxecto a favor do deporte femenino.
- 3. Educación: está demostrado que o fútbol non é un deporte só de homes, e que as mulleres vimos pisando forte. Gracias á educación, ás familias, cada vez vemos máis nenas xogando cos nenos en categorías inferiores e iso é gratificante.
- 4. Money, money!! Sin el non existe nada. Apoio das entidades, das federacións, dos comercios…
- 5. Nenas que queiran xogar, que non teñan medo e que encontren no fútbol a súa paixón.

 
  • QPC: Cal é o teu referente como xogadora?

Non teño ningún referente. Gústanme os xogadores e xogadoras que teñan uns valores, que os intentan transmitir e que á hora de xogar o dean todo, loiten ata que o árbitro pite o final.

 
  • QPC: Quen é a persoa que máis che marcou futbolisticamente?

Pédese decir que Juan Jesús. Foi o meu entrenador durante dous anos en no FSF Villa de Cee de fútbol sala. Gracias a el collinlle o gustillo a esto de xogar ao fútbol.

 Alba Trillo co FSF Villa de Cee de Juan Jesus
Alba Trillo, abaixo á dereita, naquel FSF Villa de Cee dirixido por Juan Jesús, arriba á esquerda- Foto: David Castro
  • QPC: Hai futbolistas que non ven fútbol en televisión, ti eras das que ve ou non? Mais fútbol feminino ou masculino?

Eu son das que ve pouco fútbol na televisión, de aí que non teña referente como xogadora. Gustábame ver os partidos de España, Iker Casillas na portería, Piqué e Ramos na defensa e o gran Iniesta no medio. Gústame máis xogar e ver un partido en directo, a pé de campo.

Entrevitsas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

comentarios