Martes. 19.03.2024
El tiempo

José Ángel e Graci, do Mazaricos Fem.: “A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo”

Graciela e Jose Angel Carreira Capi e adestrador do Mazaricos Feminino
Graciela e Jose ángel Carreira, a Capi e o adestrador do Mazaricos Feminino
José Ángel e Graci, do Mazaricos Fem.: “A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo”

O Mazaricos Feminino é o equipo máis novo do FutFem do Fútbol da Costa, un proxecto marcado pola ilusión e a gran cantidade de rapazas con gañas de xogar e crecer neste deporte. Actualmente ocupa a sexta posición na Liga de Santiago de F7, como contamos cada semana.

Jose Ángel e Graciela, adestrador e capitana, comentan como están a vivir ésta experiencia.

Mazaricos Feminino F7
Graci, co brazalete multiculor e o número 3

Jose Ángel Carreira, adestrador

José Ángel adestrador do Mazaricos Feminino
  • QPC: Que tal a experiencia en éste proxecto tan interesante do Mazaricos?

A experiencia está sendo impresionante. Tanto Borja e Iván coma eu non tiñamos experiencia ningunha, e cada día que pasa aprendemos cousas novas, sobre todo pasámolo ben tanto os entrenadores como as xogadoras e iso é o importante.

 
  • QPC: Que foi o máis difícil para empezar a competir?

Costounos empezar a competir dado a corta idade das xogadoras así como que a maioría nunca xogaran antes. A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo. Na nosa liga agora competímoslle a calquera.

 
  • QPC: Como valoras o que vai de tempada?

A tempada vai de menos a máis. Custounos o primeiro por esa falta de ritmo, pero todas as xogadoras están moi comprometidas e fanse uns entrenos bastante bos o que nos está levando a escalar postos na clasificación e esperamos acabar o máis arriba posible e pinchar poucos partido no que resta de ano.

 
  • QPC: Cal son os puntos fortes de este Mazaricos?

O punto forte do Mazaricos é a solidez defensiva, que acadamos co paso das xornadas e a constancia que temos en cada partido, e que nunca damos un por perdido. Intentamos competilos todos.

 
  • QPC: Ilusión por xogar a Copa da Costa?

Moita ilusión, moito temor tamén, vai ser algo novo para nós. É un mérito para un concello como Mazaricos contar con equipo feminino e disputar unha Copa da Costa feminina é unha ilusión.

 
  • QPC: Semifinais contra o Cee, outro equipo de recente creación. Como tomaredes ese encontro? O peor será cambiar a fútbol 11?

O Cee paréceme un equipo con moita calidade e con xogadoras coma Lucía que lle aportan un plus moi grande. Vai ser difícil. Moitas das xogadoras de Rafa xa xogaran con anterioridade a diferenza das nosas.
O cambio de futbol 7 a 11 nótase tamén e vainos costar adaptarnos. De todos modos intentaremos poñer garra e loitar coas nosas armas e sacar un bo resultado.

 
  • QPC: Tempada que vén, seguiredes en fútbol 7 ou dar o salto o fútbol 11?

Difícil comentarche algo claro. Pretendemos xogar a fútbol 11 dado que temos un número elevado de xogadoras.
Teremos que comentalo a final de tempada e valorar o que máis lles conven as xogadoras, xa que hai moitos factores como desprazamentos, horarios dos partidos e demais circunstancias.

Graciela, Capitana

Graci capitana do Mazaricos FC Feminino

  • QPC: Como foi a túa fichaxe polo Mazaricos?

Sempre quixen que se fixese equipo feminino para o Mazaricos. O meu adestrador José Ángel comentoume un día se estaría disposta a formar parte do clube e conseguir animar á xente para así poder facer equipo. A verdade é que non dubidei na resposta e conseguimos facelo, pois anotáronse moitas rapazas; foi sorprendente.

 
  • QPC: Eres a capitana de este proxecto, que sentides ao ser as primeiras que paseades o escudo do equipo no ámbito feminino?

Para min é un orgullo pertencer a este equipo xa non só polo feito de ser capitana, xa que son unha máis delas, senón pola gran familia que formamos. Estamos moi unidas e loitando en cada partido para superarnos día a día e sobretodo desfrutar.

 
  • QPC: Eres a pichichi do equipo, casi gol por partido, que cifra sería boa para rematar a tempada?

A verdade é que non teño ningunha cifra na mente nin tampouco é algo no que me fixe. Cando marco algún gol penso no ben do equipo e en poder sumar puntos para manternos na nosa posición ou subir algunha se é posible.

 
  • QPC: Estás conforme coa situación do equipo na clasificación?

Dende un primeiro momento pensábamos que nos ía costar e pouca xente confiaba en nos por empezar de cero e con moitas rapazas que non xogaran nunca ao fútbol, pero pouco a pouco e con esforzo e dedicación estamos a demostrar o que somos capaces de facer. Estar na metade da táboa é algo que nos anima e fai que confiemos en noó, tratando sempre de poñer o mellor de cada unha en cada partido para conseguir manternos aí ou subir de posición.

 
  • QPC: Tamén participaredes na Copa da Costa, contra o Cee en semifinais, o adestrador comentanos que a dificultad vai ser cambiar a fútbol 11, ti como ves esa circunstancia?

Si, o resto de equipos están xogando a fútbol 11 e digamos que nos ao non estar acostumadas pode que nos resulte máis difícil. Pese a iso, sairemos ao campo con gañas e a facer o que poidamos.

 
  • QPC: QPC: E persoalmente, estás a facer unha boa tempada, xa hai quen chamou a túa porta para que cambies de aires?

Non, ata de agora ninguén me chamou jajaja.

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios