Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Xuvenís, Cadetes e Infantís xa teñen os calendarios en www.futboldacosta.com

  • Os calendarios completos da ligas base en www.futboldacosta.com.
  • O calendario da Liga Infantil está sendo modificado pola baixa a última hora do EFM Vimianzo.
Este é o calendario da Liga Xuvenil
Este é o calendario da Liga Xuvenil
Xuvenís, Cadetes e Infantís xa teñen os calendarios en www.futboldacosta.com
Xuvenís, Cadetes e Infantís xa teñen os calendarios en www.futboldacosta.com

Xa temos a plataforma www.futboldacosta.com, esa que seguides máis de 5000 persoas cada semana, chea de táboas. Ademais das 4 ligas dos maiores e os dous grupos do FútFem, xa temos tamén actualizadas as ligas de Xuvenís, Cadetes e Infantís.

Coma sempre, infantís sábado pola mañá; xuvenís sábado pola tarde e cadetes domingo pola mañá.

Xuvenís

16 equipos hai na Liga Xuvenil, que comeza o 21 de setembro. Novidades son a baixa do Baio e a alta o Seaia, deixando un derbi Malpica-Seaia moi vivo.

A liga Xuvenil, como a cadete, rematará a primeira fin de semana de maio.

Cadetes

Tamén son 16 equipos en Cadetes, a categoría con máis novidades, que tamén comeza o domingo 22 de setembro. Laxe, Xallas, Fisterra e EF Vimianzo son os novos equipos en liza, nunha liga que perde o Seaia (os seus xogadores pasaron de categoría e, como vimos, inscribiron equipo en Xuvenís).

Infantís

O Calendario da Liga Infantil tivo que ser modificado pola baixa de última hora, e fóra do prazo, do EFM VImianzo.

Son entón 16 equipos (tamén caeu o cadro das Baleas) e a competición pasa a comezar a mesma fin de semana que as ligas cadetes e xuvenís.

Novas relacionadas

Comentarios