Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Fisober non puido con invito Bilbo

O Fisober non puido con invito Bilbo
Imaxe do Fisober-Bilbo

Visitaba Vimianzo o intratable e invito líder da categoría e o igual que en Bilbao tivo que sudar e moito para levarse os tres puntos nun gran partido que foi do agrado da afección local, no que o Fisober competiu cara a cara ante un equipo que só cedeu un empate en toda a tempada.

O que se suspendía era o choque da Liga Provincial entre Ponteceso FSF e Fisober B. As que si xogaron foron as do FSF Vila de Cee, que se enfrontaban ao Estradense e acababan sucumbindo por 7-2 nun partido estrano. As ceenses protestaron a actuación arbitral, que acabou expulsado ao míster Jorge Calabanda, ademais da xogadora Ana Trinidad, e mesmo a un membro do clube que estaba na bancada.

Seguen os 3 equipos da Provincial xuntos na táboa, cun Ponteceso con 26 puntos na 7ª praza, un Villa de Cee con 19 na 8ª e un Fisober B con 18 na 9ª.

2ª División Estatal

O Fisober da 2ª Estatal
  • Resultado: FISOBER F.S.F. - BILBO (0-3).
  • FISOBER: Eva, Patri, Elsa, Ana e Myrella; tamén xogaron: Nuria, Raquel e Inés.
  • Goles: 0-1 Eva, 0-2 Eva, (descanso), 0-3 Vicky.

Ó igual que na primeira volta o Fisober decidiu xogar de ti a ti o líder. Esforzo titánico para todas e cada unha das xogadoras da Costa que raiaron a un gran nivel e deixaron todo sobre a pista ante un equipo que ten como obxectivo o ascenso a División de Honra. Xa dende o primeiro minuto o partido tivo un gran ritmo e intensidade, as locais eran conscientes do podería físico rival e que non debían despistarse se querían sacar algo.
O partido non defraudaba e os dous equipos debían trenzar moi ben se querían sacar tallada ante as porteiras.
E as vascas fixérono, aproveitaron un pequeno resquicio para que no duelo de Eva a vasca superara a galega para o 0 a 1 os cinco minutos. Foi un pequeno pau para as da Costa que tan ben o estaban facendo pero non se viñeron abaixo e atoparon espazos para as súas oportunidades pero non lograban materializalas. Algo estaban a facer ben as da Costa xa que mediado este primeiro periodo as visitantes víanse obrigadas a pedir tempo morto. Intenso, disputado, atractivo así continuaba o partido ata que chegando o último minuto de novo Eva goleaba para as visitantes, demasiado castigo para tan boa primeira metade.
Pero antes de chegar o tempo de lecer Raquel a media volta case consigue o dous a un.

Na segunda metade mesmo guión e mesmo partido. Non se daban por vencidas as do Fisober que querían pescar algo no partido. E de novo mediada esta segunda metade víanse obrigados a pedir tempo morto as visitantes. Co paso dos minutos as pernas das da Costa xa pesaban máis e cada vez tiñan que tomar máis riscos para sacar algo positivo do partido e comezaban a chegar ocasións en ambas porterías.
A tres minutos para o fin a local Inés tivo unha clarísima dobre ocasión para o un a dous e dar uns últimos minutos máis vibrantes se cabe pero entre unha xogadora e a porteira vasca abortaron a dobre ocasión. Quen non desaproveitou foi Vicky a piques de chegar o último minuto facendo o cero a tres e rematando cas ilusións locais.

1ª Autonómica

  • Resultado: C.D. Estradense - FSf Vila de Cee (5-2)

Saída complicada para as rapazas de Jorge Calabanda, partido difícil lexos da casa contra as líderes do campeonato. Comezou o partido con boas sensacións con tres ocasións case seguidas para as rapazas do FSF Vila de Cee, e o que perddoa acaba pagando e na primeira ocasión da Estrada meteron o primeiro. Poucos minutos despois o Vila de Cee conseguiu empatar, non obstante as rapazas de Calabanda encadearon un final da primeira parte moi nerviosas rematando esta cun 5-2.
Na segunada parte centráronse un pouco máis as rapazas en defensa, e por momentos deron a sensación de poder remontar o partido, non obstante as líderes da categoría demostraron por que están aí arriba, rematando o partido cun 7-3 definitivo.

Marcaron polo FSF Vila de Cee Ana Trinidad, Adriana, e estrenouse co seu primer gol a Cadete Marta.
As estrelas esta semán son 3 para Alba, gran partido en defensa , 2 estrelas para Andrea e 1 a Marta.

Dende a directiva do Villa de Cee consideran "lamentable a actuación do árbitro, que intentou ser o protagonista do encontro en lugar das rapazas de ambos equipos. Triste que o final conseguiu ser o citado protagonista, o cal podría levar unha crónica aparte, non obstante xa lle chegou ese día como actor principal".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios