Ligas FS Carballo: 6 equipos para 3 títulos


Na Liga AD Xiria, o Cervecería O Pazo é máis líder tras golear ao Alicatados Señarís (1-8) e aproveitar o pinchazo do segundo clasificado, o Cervecería Ágora, que empatou a dous goles co Asesoría Cervantes. No outro encontro desta competición, o Construccións Brandón e o Dolce&Café protagonizaron o encontro máis vistoso da xornada nun partido no que houbo doce goles para acadar o definitivo 6 a 6.
O Brasería Caracola e o Talleres Sousa comezan a posicionarse como claros favoritos para levarse o título da Liga Cervecería Beos, tras vencer esta semana ao Dluxe Carballo (5-1) e ao Deportes San Remo (4-2), respectivamente, e colocarse no máis alto da clasificación con nove puntos en tres partidos disputados. Mentres tanto, na zona baixa o SAT Xulián e o Cafetería Habanos 79 seguen sen sumar tras caer nesta xornada co Mar de Menta (3-5) e o Mesón do Pulpo (4-3), respectivamente.
As táboas
Novas relacionadas
- Ligas FS Carballo: Tensión nas 3 Ligas.
- O Cervecería Troula amosa as súas credenciais.
- Baíñas FS e Ganados Maroño pelexan polo título da Liga FS Cee.
- Liga Futsal Carballo: O Tasca A Cunca-Supermercado C&M proclamouse campión con moito sufrimento.
- Liga Futsal Carballo: O Carnicería Eusebio xa é campión.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).