Venres. 03.05.2024
El tiempo

Ligas FS Carballo: Tensión nas 3 Ligas

Ligas FS Carballo: Tensión nas 3 Ligas
Asesoria Cervantes- Dolce-Cafe-Foto-David Castro

O Tasca A Cunca mostra, cunha gran goleada (7-0) sobre o Construccións Maracaná, a súa condición de máximo favorito ao título de Liga do Concello de Carballo, xunto co Carnicería Eusebio que lle tocou descansar esta xornada, sen descoidar ao Cervecería Troula que é o líder da competición tras vencer os dous encontros que disputou, este último ante o S2 Informática por 5 a 1. No outro partido da xornada, o Asesoría Suárez gañoulle ao Peluquería Este-Oeste (4-2), co obxectivo de non descolgarse do grupo de cabeza.

Na Liga AD Xiria, o Cervecería O Pazo colócase líder tras vencer a un Bodegón Trincado (3-8), moi mermado polas baixas, nun encontro no que os pontecesáns mostraron unha gran pegada. Mentras tanto, o Cervecería Ágora é segundo tras golear ao Alicatados Señarís (1-8), nun partido no que desplegaron un gran fútbol. O Asesoría Cervantes levouse os tres puntos ante o Dolce&Café nun encontro moi disputado e no que calquera se puido levar o gato á auga.

Triple empate no liderato da Liga Cervecería Beos, entre o Brasería Caracola, o Talleres Sousa e o Deportes San Remo, que golearon nesta segunda xornada ao Mar de Menta (6-1), ao SAT Xulián (8-2) e ao Mesón do Pulpo (5-1), respectivamente. No outro encontro da xornada, o Dluxe Carballo venciu sen problemas ao Cafetería Habanos 79 por un claro 4 a 1.

Crónica da xornada: Asesoría Cervantes - Dolce&Café (4-1)

Asesoria Cervantes e o Dolce-Cafe-Foto-David Castro
  • Asesoría Cervantes: Diego Puente, Tito, Rubén, Pablo e Alberto. Tamén xogaron: Brice, Diego Ferreiro e Julio.
  • Dolce&Café: Rubén, David, Roberto, Lorenzo e You. Tamén xogaron: Pancho e Luciano.
  • Goles: 1-0, min.23: Brice aproveita un erro de Rubén. 1-1, min.26: Roubo de Pancho que toca para Lorenzo e éste cede para You, que finaliza de maneira extraordinaria. 2-1, min.29: Contragolpe levado por Brice que finaliza Pablo a placer. 2-2, min.29: Lorenzo bate a Diego Puente á reviravolta. 3-2, min.35: Xogada combinativa do Asesoría Cervantes que finaliza Alberto. 4-2, min.36: Gran xogada colectiva que finaliza Pablo libre de marca.
  • Árbitros: Arnejo (pista) e Pablo (mesa). Estiveron ben.

O Asesoría Cervantes levouse un partido disputadísimo que se decidiu nos minutos finais a prol do equipo local.
Na primeira parte, ningún dos dous equipos foi capaz de crear demasiadas ocasións del gol. Tanto o Asesoría Cervantes como o Dolce&Café intentaban facer gol con lanzamentos lonxanos pero a ocasión máis clara túvoa You nos seus pés tras un saque de banda de Roberto, pero o disparo do primeiro foi repelido polo pau da portería.

Pero logo do tempo de lecer, a entrada de Brice á pista doulle un plus aos amarelos que comezaron a crear perigo sobre a portería de Rubén. Aos tres minutos da reanudación, o propio Brice aproveita un erro do porteiro visitante para facer o 1-0. Empataría You cun gol extraordinario a pase de Lorenzo. Avisaría Julio das intencións do Asesoría, cun lanzamento que se vai a rentes do pau. E no minuto 29, tras unha contra Brice cede para que Pablo marque a pracer. Pero o Dolce non se viría abaixo e Lorenzo na seguinte xogada faría o empate tras bater a Diego Puente á reviravolta.
Minutos despois o porteiro dos amarelos salvaría o terceiro dos visitantes tras gañarlle no man a man a Lorenzo. Brice, o protagonista do encontro, a piques está de poñer por diante de novo ao Cervantes pero o seu lanzamento vaise por pouco tras unha xogada individual. O pau sería protagonista ao repeler unha falta lanzada por Julio, cando os locais xa cantaban o gol. Finalmente tras as contantes ocasións do Asesoría Cervantes, chegaría o ansiado gol e faríao por partida dobre tras dúas xogadas combinativas que materializarían Alberto e Pablo, respectivamente. A falta de tres minutos, Roberto puido darlle emoción ao encontro no treito final pero o seu lanzamento vaise por pouco.

Brice protagonista do choque-Foto-David Casrto

As táboas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios