Mércores. 08.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Desexando que remate

1ª Autonómica: Desexando que remate

Xornada 31 e xa está sobrando a tempada, sobre todo en Cee. A falta de 3 xornadas, e co equipo xa descendido o treito final estase a facer demasiado longo, alongando a agonía. Onte foi o Ponteceso quen sacou tallada do San Pedro de Refoxos, cunha vitoria que permite aos de Marco respirarvendo a 5 equipos por debaixo.

Cee - Ponteceso (0-3)

  • CEE: Parroto, Fiuza, Luís (Moncho, min.49), Berto (Julio, min.49) Rafa, Fermín (Fer, min.49), Piquero, Nico, Jorge, Uri (Mario, min.65), Diego.
  • PONTECESO: Norberto (Diego, min.78), Rubén, David Abelenda, Fabián, Dani Pallas, Carlos Mato (Manu Urbieta, min. 66), Tucho, Alberto Recarey (Josito, min. 67), Mendieta (Salva, min. 78), Ramón (Puente, min. 65), Toniño.
  • Goles: 0-1, min.15: Alberto Recarey. 0-2, min.38: Ramón. 0-3, min.58: en propia meta a centro de Dani Pallas.

Primeiros 20 minutos con máis claridade de ideas dun Cee que avisaba xa no minuto 13 facendo intervir a Norberto e con un tiro á cepa do poste dereito. Pouco a pouco o Ponteceso foi tomando control do encontro e no 15´ sería o xuvenil Alberto Recarey o que abría o marcador para os pontecesáns cun tiro raso ao pao longo defendido por Parroto. A partires de aí sería o Ponteceso o que levaría o control do encontro. Toniño no 35´dispoñía dunha boa ocasión para poñer o 0-2 pero sería o novo gardamallas do Cee que nese man a man gañáballe a Toniño desbaratando unha gran ocasión.
Tan só tres minutos mais tarde (38´) sería Ramón que nun tiro dende a frontal da área que lle deixa nunha formidable combinación Alberto Recarey puña o 0-2 co que se chegaria ao descanso.

Xa na segunda metade nunha desafortunada xogada para o Cee cando tan só ian 13´, nun centro que pon Dani Pallas o defensa local marcaba en propia meta e xa poría o que sería o definitivo 0-3. A partir deste terceiro gol o resto do encontro o Ponteceso limitouse a controlar e non pasar apuros xa que apenas houbo ocasións. Tan só destacar no 66´ unha boa internada por banda de Mendieta en xogada persoal que remataba cun tiro cruzado que saia acariciando o poste. Partido no que cabe destacar a deportividade por ambos lados e que deixa o Ponteceso practicamente salvado.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios