Venres. 17.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee crese o seu papel

1ª Autonómica: O Cee crese o seu papel
Afiánzase no liderato e cre por fin en que pode ser realidade o ascenso. O equipo de Pato venceron en Fontenla, nun derbi con sabor a partidazo no que o Xallas aspiraba a coller aos ceenses e reafirmar a súa candidatura. O Cee queda con 46 puntos, 2 máis que o Unión e 5 máis que Sada e Imperátor. O Xallas queda 6º con 40 puntos empatado co Olímpico que onte caía. E terceiro encontro sen perder do equipo dumbriés que supón un novo estirón. I é que os de Canosa non están para nada lonxe dos postos de ascenso e con 38 puntos xa són só 3 puntos os que o separan do ascenso, que marca agora o Sada. E imos xa cos partidos tras analizar a crónica de Alberto Pose sobre a Asociación de Clubes da Costa.

Xallas - Cee (1-2)

  • Xallas: Chely; Ismael, Ivan, Pica, Álvaro, Brais (Ricardo, min.72),  Ruben, Jesús, Adrian Prol (Leo, min.57); Toni, Adrian Beiroa.
  • Cee: Mingos, Ruben Fiuza, Jacobo, Rafa, Dani Freire, Angeliño (Fermin, min.81), Penedo (Rivi, min.72), Chapu (Jorgito, min.89), Fernando, Tasky (Carlos Leis, min.89), Llanero (Luilli, min.73)
  • Goles:  0-1, min.15: LLanero tras unha xogada entre Chapu e Fernandito; 0-2, min.46; LLanero; 1-2, min.77: Adrián Beiroa.
Paso de xigante o que deu o pasado sábado o Cee en Fontenla. Llanero foi o home clave do choque, con dous tantos que o sitúan de novo no máis alto dos pichichis da primeira. O encontro foi moi disputado e ambos conxuntos tiveron alternativas para saír vencedores. De feito foi o Xallas o que atacou primeiro pero nin Toni dende lonxe nin Adrián Beiroa nun man a man con Mingos abriron o marcador. E non tardou Llanero en facelo tras unha boa combinación dos Chapu e Fernandito. Co 0-1, Mingos tamén quixo deixarse ver e paroulle un penalti vital a Beiroa que significaría o empate. E o segundo gol, xusto á volta do descanso, foi clave para o devir do choque. Llanero non fallou ante Cheli e o Cee replegou filas e agardou atrás. O segundo tempo foi un monólogo xalleiro pero a defensa ceense estivo moi firme. Só Beiroa foi capaz de recurtar distancias pero non houbo ocasións claras para o empate.

Dumbría – San Tirso (2-0)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Suso, Pablo Conde (Marco, min.65), Pablo Serrano (Isma, min.80), Aarón, Schuster, Iago (Isma, min.90), Piri (Eloy, min.46), Brais, Adrián Mackaay (Rodri, min.85).
  • Goles: 1-0, min.5: Adrián Mackaay; 2-0, min.60: Adrián Mackaay.
  • Expulsión: un xogador visitante no min.55.
Malia vitoria local o partido estivo controlado en gran medida polo equipo visitante. Pero a expulsión dun xogador visitante á volta do descanso e o oportunismo de Adrián Mackaay, que volveu agudizar o seu olfato goleador, foron claves para que o Dumbría manteña os 3 puntos.

Cambre - Xas (5-0)

  • Zas: Luis de la Peña, César, José, Adrián, Ramón, Churián, Mancebo, Esteban de Baíñas (Ico, min.70), Kevin, Javi Suárez, Capote.
  • Goles: 1-0, min.15; 2-0, min.40; 3-0, min.60; 4-0, min.62; 5-0, min.80.
Con 11 xustos e 4 xuvenís entre eles presentábase o Zas en Cambre. I é que o equipo zaense está desexando que remate a tempada. Onte, aguantou a primeira metade, per tralo segundo gol xa foi un conxunto a mercé do rival.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios