Domingo. 05.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Táboas salomónicas

1ª Autonómica: Táboas salomónicas
Baio-Malpica-Foto-Wash-Calvo-1

A Esteirana foi a gran beneficiada nesta 25ª xornada da 1ª Autonómica tras vencer en Lamela. 3 puntos que lle permiten mirar dende arriba a zona baixa, cunha marxe de 10 puntos, e poder respirar tranquilos. Ademais, os esteiráns fixeron un favor aos veciños de Ponteceso e Camariñas, pois o Lamela marca a salvación (aínda sen contar os arrastres) con 23 puntos.
Sumaba un puntiño o Ponteceso ante outro riva directo, o Sigüeiro, e polo menos non dixo adeus á salvación, quedando a 5 do Lamela e a 4 do propio Sigüeiro. O Camariñas non traía nada de Bertamiráns a pesar das protestas quedando penúltimo, dous por riba do Ponteceso.

O derbi costeiro da xornada dábase na zona alta, e Baio e Malpica asinaron unhas táboas sen goles que lles permite manter as súas cómodas posicións.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Baio - Malpica (0-0)

Baio empatou co Malpica-Foto-Luis Porto
  • BAIO: Anxo; Fachal (José Antonio, min.43), Mario, Norberto, Eloy, Martín (Rubio, min.77), Brais Garrido, Alberto, Martín MC, Canay (Cristian, min.61) e Bieito.
Malpica en Baio-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, David Castro, Alemán, Mario Casal, Fernando Varela, Eloy Cabeza (Neucha, min.64), Juan oBello, Óscar Suárez, Ismael, Martín Maradona (Abel, min.55).
Isma e Martin capis do Mapica e Baio-Foto-Luis Porto Corte-na-cella-de-Abel-Foto-Wash-Calvo

Partido clásico dos que están chamados a empate. Os dous equipos tratáronse con moito respecto e orde, pero con moita intensidade. Cada equipo tivo un par de ocasións claras pero os porteiros estiveron moi ben e ao final asinouse un xusto empate que mantén aos dous equipos ben situados.

Alberto tivo a primeira para os baieses no ecuador da primeira, e Brais Garrido tamén o intentou. Alemán respostaba cun testarazo alto. Na segunda, Brais Garrido de falt e MC xa co tempo cumplido tiveron as mellores do Baio, mentres que Abel e Óscar Suárez protagonizaron as únicas ocasións dos malpicáns.

Baio-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Sigüeiro- Ponteceso (1-1)

  • PONTECESO: Illote (Guille, min.85), Lorenzo, Diego, Josito, Javi Peón, Dani Cotelo (Youssef, min.80), Dieguito, Bolón (Nando, min.76), Alberto recarey, Mendeita e David Brenlla.
  • Goles: 0-1, min.30: David Brenlla por riba do porteiro; 1-1, min.70.
  • Lesión: o meta Illote.

Partido moi igualado, cunha parte para cada equipo, que arrincaba cunha primeira parte o sigueiro quería saír co balón controlado desde a defensa e o Ponteceso presionaba moi ben arriba. A primeira foi de dominio pontecesán e a segunda con moitas oportunidades para o Sigueiro, que ademais reclamaron dous penaltis por manos do Ponteceso na segunda parte.

Pero ademais do empate, que non serve para recurtar pero polo menos non significa un adeus á permanencia, tremendo o xesto do vestiario dos xogadores co míster, demostrando o cariño que lle ten a parroquia pontecesá ao bo de David Velo. Cantáronlle o feliz cumpleanos ó entrenador antes do partido dentro do vestuario. Mesmo lle trouxeron unha pedazo de tarta cas correspondientes velas. Unha imaxe que demostra que, a pesar da situación na clasificación, o vestuario está moi unido e con gañas. A pesar de ir con 15 xogadores, quixeron regalarle a vitoria ó mister. Non foron capaces, pero un empate que sabe moi ben para seguir disfrutando e pelexando todos xuntos.

Os xogadores do Ponteceso celebrando o cumple de David Velo

Bertamiráns B - Camariñas (2-1)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Sergio, Roi (Asier, min.60), Sule, Pirucho, Rodri, Moriño, David, Brais, Mario Toja e Martín (David Toja, min.46).
  • Goles: 1-0, min.15; 1-1, min.82: Brais; 2-1, min.88.
  • Expulsión: David Toja no min.89 por protestar.

”Roubo en Bertamiráns”, asegura o míster camariñán Berto, pois tralo visto no campo que volva de baleiro o equipo costeiro ten delito. I é que o cadro local chegou dúas veces e asinou dous goles, e houbo un par de xogadas claves nas que o colexiado foi caseiro.

Arrincaba o Camariñas aínda de Entroido, moi despistado, e os locais aproveitaban para poñerse por diante. Pero reaccionaban os visitantes. Mario Toja probou de falta pero parou o porteiro, e Sule, David e Brais tiveron boas oacsións para empatar pero non quixeron entrar.

Moito mellor estaba o Camariñas na segunda, facendo dano e chegando arriba. Pero o empate non chegaría ata que faltaban 10 minutos, cando Brais asinaba un tanto que valía un punto. Pero apenas quedando 2 os locais facían o segundo, aínda con tempo para que os camariñáns pedisen unhas claras mans que o colexiado non quixo ver.

Lamela - Esteirana (1-2)

  • ESTEIRANA: Rubén, Code, Simón, Sui, Dani (Pabliño, min.30), Varela, Serrano, Álex (Juan, min.89), Josiño (Eloi, min.65), Kike (Raúl, min.80) e Róner Pladur.
  • Goles: 0-1, min.23: Josiño remata coa cabeza un centro; 0-2, min.35: Álex tras disparo cruzado; 1-2, min.68: Gol de cabeza tras saque de falta lateral.
  • Lesións: Dani na coxa esquerda.

Foi moi grande a alegría que repartiu a Esteirana aos seus seguidores nesta fin de semana carnavaleiro. Eran uns 30 os siareiros visitantes que se desprazaron a Lamela e os xogadores puxeron o máximo esforzo para non defraudar. E así foi, tras un comezo contemplativo, un estado do campo esvaradizo e un partido con moita tensión pola importancia dos puntos, fixo que a Esteirana se fose asentando e gozase desde o 20 ao 45 de boas ocasións de gol. Álex na área pequena, Róber tras roubo tiveron oportunidades de marcar pero foi Josiño quen abriu o marcador tras peinar estupendamente un centro lateral de Varela. Nunha destas Kike en excelente pase longo, habilita a Álex para que anote o segundo tras disparo cruzado.

Así se foi ó descanso, tras este os locais tentaron arrinconar na súa área a Esteirana, que se defendía con moito orde e saía en perigosas contras ó ataque. Xogo frontal do Lamela, enviando balóns aéreos (moito máis non se podía pois nas bandas había moita auga) e creando perigo a balón parado. En saque de falta marcaron os locais, facendo sufrir nos minutos finais a unha Esteirana que acababa pedindo á hora.

Partido de moita brega, onde a disputa física cobrou un protagonismo extra, o que fixo que a vitoria aledase sobremaneira a unha afeción e xogadores visitantes polos traballados puntos que lle permiten aos esteiráns mirar a zona baixa dende unha distancia prudente.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios