Xoves. 09.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Ao Mazaricos só lle queda o Baio

2ª Autonómica: Ao Mazaricos só lle queda o Baio
Montelouro-Mazaricos-Foto-Edu Olveira ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

O Mazaricos é equipo, polo de pronto, da 3ª da Costa. O descenso do Fisterra provoca que ademais de Dumbría B e Montelouro os mazaricáns se vexan abocados á 3ª, a pesar de ter gañado en Louro. Pero as vitorias de Outes e Cabana en casa certificaron a súa permanencia, logo de estar o Cabana afundido durante moitas semanas por debaixo dos amarelos.

Agora ao Mazaricos só lle queda animar ao Baio a que consiga o ascenso á 1ª na Promoción. Un ascenso que nos deixaría con 5 equipos na 1ª e o Mazaricos en 2ª. Hoxe, por certo, luns 13, terá lugar o sorteo das Promocións de 1ª, 2ª e 3ª.

Como detalles da xornada, o pasillo do Sofán ao campión, a Esteirana, no Carral, ou a loita polo pichichi, con Kike Paluca e Juan Chans compartindo o trofeo de máximo goleador, con 32 tantos, seguido de MC, que non puido xogar as últimas xornadas, con 31.
Ademais, o esteirán Beni, é o porteiro menos goleado con 33 goles recibidos.

Montelouro - Mazaricos (1-2)

  • MONTELOURO: Pedro, Isma (Mingos, min.46), Bolo, Pablo, Canelo, Chema, Raúl, Pepe (José, min.46), David, Geiko, Pesco.
  • MAZARICOS: Dani, Chico, Matías, Ramón, Casais, Ricardo, Sandelo (Martín, min.60), Brais (Aldo, min.60), Estéfano, Esteban (José Ángel xuv, min.80), Molinos (José Ángel, min.60).
  • Goles: 0-1, min.30: Matías tras unha falta lateral na que a defensa fixo a medias o fóra de xogo; 0-2, min.65: José Ángel de penalti do porteiro sobre Aldo; 1-2, min.75: Pesco á contra.

Último partido na Liga da Costa para loureáns e mazaricáns esta campaña. Os dous equipos secáronse as bágoas os uns aos outros despedíndose da categoría e volverán verse as caras o ano que vén na 3ª. Iso se o Baio non acada o ascenso que deixaría ao Mazaricos na Liga da Costa.

O partido comezaba con dominio dos visitantes, que saíron a por todas para facer o seu traballo. A primeira metade foi de claro cor amarelo, con 4 ou 5 ocasións que puideron sentenciar. Tardou en entrar o gol de Matías tras unha falta lateral na que media defensa facía o fóra de xogo e a outra media quedaba descolgados.

Na segunda igualouse a contenda con Pesco anotando cun gol e tendo un par de ocasións á contra para empatar. Os loureáns xa levan un tempo pensando en acabar o ano, e terán que buscar un relevo no banco para Canelo de cara á vindeira campaña.

Mentres, o Mazaricos remata o ano botando de menos arriba a Kevin, e cambiará o amarelo polo branquiazul para tifar coa parroquia baiesa e intentar acadar un ascenso que valería a súa permanencia na Liga da Costa.

O Mazaricos descende á 3ª malia gañar en Agra da Filgueira-Foto- Sara Ramos

Cabana - Buño (3-0)

O Cabana salvou a categoría-Foto- Jorge Parri
  • CABANA: Aranzubia, Marcos, Iván de Treos, Pepe, Eloy (Ismael, min.75), Sandro, Manolo do Cruceiro (Adrián, min.55), Rubén Rama (Mario, min.70), Berti, Fernando (Adao, min.65), Iván Mato.
O Buno pechou nas Redondas unhamais que satisfactoria temporada-Foto- Jorge Parri
  • BUÑO: Toni (Brais, min.46), Eloy, Diego, Alfredo, Rubén, Mauri, Emilio, Juan, Víctor (Jorge Calvete, min.30), Elías, Gurita.
  • Goles: 1-0, min.5: Marcos; 2-0, min.50: Marcos; 3-0, min.70: Iván Mato.
  • Expulsión: o visitante Mauri a falta de 20 minutos.70.
Un dos goles que valen a salvación do Cabana ante o Buño-Foto- Jorge Parri

Salvou a categoría o Cabana tras ir afundido boa parte da segunda volta. A vitoria en Corcubión, cun segundo acto esperpéntico tendo que xogar o pasado venres 1 só minuto no Cubaleiro, ata con 3 árbitros, tras ter sido suspendido o partido o pasado domingo cando faltaba 1 minuto para o remate.

As Redondas vestíase de gala para conseguir a permanencia e o cadro de Periscal non defraudou enviando aos seus ex a 3ª. O Buño, que chegaba cos xustos e mesmo dous porteiros no 11, completaba unha gran temporada ás ordes de Esmorís.

O Cabana tamen tivo un detalle con JOrge Parri

Outes - San Lorenzo (2-0)

  • OUTES: Gato, Saúl, Arturo, Chúa, Borja, Miji, Michi (Elías, min.66), Quin (Veleiro, min.85), Mario, Martín, Poke.
  • SAN LORENZO: Abraham, Quillo, Adrián (Casillero, min.70), Dubra, Anxo, Robin, Chucho (Bolón, min.60), Cachizo, Palermo (Eloy, min.65), Fuentefría, Carliños.
  • Goles: 1-0, min.3: Borja; 2-0, min.6: Martín.
  • Expulsión: o local Mario, faltando 15 minutos.

Tremenda a parroquia da Serra volcándose co seu equipo para conseguir os 3 puntos que daban a salvación matemática. E non defraudaron os de Roque que saíron en tromba e que sentenciaban o choque en apenas 5 minutos cos goles de Borja e Martín. A partir de aí o partido relaxou o ritmo e foi esmorecendo.

Remata así a gran temporada do Outes, que se volcará ca final da Copa da Costa Xuvenil. Mentres, por Verdillo pecharon un fantástico ás ordes de Gueli, acabando na 10ª praza.

Sofán - Esteirana (2-2)

  • SOFÁN: Bugy (Dani, min.72), Cantudo, Juanjo, Lista, Marcos, David Pensado (Edu, min.76), Iván Rey, Eloy Boedo, Iván Rojo, Jacobo, Santi (Abel, min.55).
  • ESTEIRANA: Benito de Pura, Simón, Suizo, Dani Rama, Pablo Serrano, Uru (Eloy, min.51), Picholeiro (Cajulo, min.70), Álex (José Varela, min.63), Adelino (Alberto, min.52), Kike, Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.1: David Pensado; 2-0, min.30: Marcos; 2-1, min.55: Kike; 2-2, min.80: Cajulo.
Pasillo da SD a Esteirana-Foto- Esteirana

Remataba esta histórica tempada da Esteirana no Carral. E o partido comezaba a ritmo de campionato co pasillo feito pola SD, e remataba coa Copa de campións nas mans.

O partido foi bonito, entre o 1º e o 5º da táboa, no que as defensas sucumbiron aos ataques. 4 goles e puideron ser máis. O Sofán pensa na Copa tras eliminar, por certo, á Esteirana nos Dezaseisavos, e terá en fronte ao Sofán.

A Esteirana celebrará o seu final de temporada cunha gran festa o vindeiro venres.

A Esteirana coa Copa de Campión da Liga da Costa 20122-2013-Foto- Esteirana

Castriz - Cee (1-1)

  • CASTRIZ: David, Martín, Javi, Agra, Prego, Pepe (Ivi, min.55), Cilindro (Jose, min.55), Rubi (Muni, min.55), Mata, Anxo, Sebas (Toño, min.80).
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Tebo, Rafa, Fermín, Carlos Leis, Esteban (Abraham, min.46), Yayá (Paulo, min.80), Rivi, Lamela.
  • Goles: 0-1, min.70: Yayá; 1-1, min.71: Anxo.

Partido sen nada en xogo cun Cee plagado de baixas que ata tivo que meter a o porteiro cadete Paulo nos últimos 10 minutos. Foi un choque moi igualado, cun Castriz facendoi moito dano por arriba en cada xogada a balón parado e un Cee que o intentaba por medios dos seus xuvenís Lamela e Tebo.

Na reanudación víronse máis ocasións co partido máis aberto. Centro de Nico que remata Rafa pero Toño desvía o balón a córner. Jorgito saca unha falta desde campo propio , un estraño no balón complica ao porteiro local que despexa a córner. Resposta rápida do Castriz, centro de Martín a Sebas , este a a media volta manda o balón rozando o pau.

Era o Cee quen se adiantaba aos 20 minutos, Rivi corta un balón que llo leva por banda, pasa a Leis que á súa vez lle pon un balón a Lamela que lle dá o balón a Yayá para que supere a Toño. Non duro moito a alegría ceense na seguinte xogada o Castriz empataba ao aproveitarse Anxo dun balón rematado por Martín.

Remata así un ano cun Castriz irregular, capaz de grandes xestas e de derrotas incomprensibles, pero que o deixan nun bo 9º posto. Mentres esperábase máis deste Cee, que estivo na pelexa polo ascenso ata as últimas xornadas.

Corme - Baio (4-0)

Dous cracks veteranos como Alejandro e Martin no COrme-Baio-Foto- Santi Diaz
  • CORME: Suso, Dani, Jesús (Joshua, min.75), Pandi, Alejandro, Brais, Diego (Adolfo, min.55), Adri (Manu, min.65), Lucas, Miguel Torrado (Abel, min.80), Juan Chans.
  • BAIO: Manuel, Fachal (Antonio, min.55), Fredy, Eloy, (Norberto, min.55) Pablo (Pablo Juvenil, min.70), Iago, Martín, Rubio (Lucas, min.60), Cristian, Chucho, Alberto.
  • Goles: 1-0, min.35: Miguel Torrado; 2-0, min.68: Juan Chans de penalti; 3-0, min.86: Abel; 4-0, min.89: Juan Chans de Penalti.

Partido máis tenso do esperado pois apenas había nada en xogo. Os cormeláns saíron a por todas e puideron cun Baio que espera a Fase de Ascenso e a recuperación do seu goleador, MC, ao que botan de menos nos últimos metros. Os baieses terán que xogar a Copa ante o Lira, para a que seguramente tirarán de xuvenís, malia que levan xa un tempo sen competir.

Os azulóns pechan unha campaña na que se esperaba máis deles tralo seu campionato do ano pasado e a súa renuncia ao ascenso á 1ª de Santiago, pero que rematan cun fantástico 4º postos tras ir de menos a máis. Na Copa, poranlle, de seguro, moitos problemas ao Dumbría.

MIguel Torrado vive unha segunda xuventude no Corme-Foto- Santi Diaz

Carnota - Dumbría B (6-1)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Boni (Urko, min.72), Manolo Chouza, Jacobo, Tono da Caixa, Rodrigo, David de Brea, Pumuky, Nakata, Buonanotte (Manuel Luís, min.55), Manoliño (Iván, min.71).
  • DUMBRÍA B: Bruno, Charly, Jorge, Dudo, Jesús da Anchoa (Israel, min.55), Ivanete, Josiño, Yeyos, Rodrigo (Kevin, min.55), Rivas (Martín, min.65), Rafa (Maikel, min.65).
  • Goles: 1-0, min.10: Manoliño; 2-0, min.20: Rodrigo; 3-0, min.50: Buonanotte; 4-0, min.66: Pumuky; 4-1, min.70: Charly; 5-1, min.75: Jacobo; 6-1, min.85: Pumuky.

Partido de trámite unha vez que o Carnota chegaba salvado a esta última xornada. Goleada para despedir un bo ano en Lombáns, vindo de máis a menos (o Carnota estivo entre os 6 primeiros boa parte da temporada e pecha 12º), mentres que o filial dumbriés pecha unha temporada para esquecer e reflexionar.

Zas - Muros (2-1)

  • ZAS: Rizos, César (Martín, min.80), Lagoa, Amado, Francés (Rubio, min.70), Pío, Peque, Damián (Pereiro, min.70), Ismael, Mario (Pablo, min.65), Braulio.
  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete (Javi Pacola, min.55), Ramón, Dani, Veloso, Gelo, Juan Manuel (Samuel, min.45), Saúl, Manu Dosil, Kiko, Sexo.
  • Goles: 1-0, min.30: Damián; 1-1, min.93: Kiko; 2-1, min.94: Braulio.

Tremendo final de Liga a que viviron Zas e Muros en San Andrés. Co 1-0 no marcador chegábase o desconto e Kiko facía o empate para os muradáns. Pero cando xa celebraban o puntiño Braulio marcaba o gol da vitoria que pecha unha gran liga para os de Mario, rematando na 6ª posición.

Os muradáns de Manolo Camello despiden unha boa temporada na 8ª praza, mentres que o Zas pensa xa na Copa ante todo un Malpica.

Volantes - Corcubión (3-3)

Volantes-Corcubion-Foto-Gonzalo Sestayo
  • Goles: 1-0: Adrián; 1-1: Lourido; 1-2: Antón Lestón; 2-2: Chenel; 2-3: Lourido; 3-3: Adrián.

Partido benbonito o vivido no Eleuterio Balayo entre dous equipos dispostos a distrutar no seu último partido da temporada. Con alternativas no marcador e no xogo, pegaban primeiro uns e despois outros. Adrián e Lourido foros os protagonistas con dous tantos cada un nun choque no que predominaron os ataques ás defensas.

Rematan así ambos unha temporada excepcional. Manolín, no que puido ser o último partido da súa dilatadísima carreira (veremos que pasa ca directiva ou se hai ofertas de equipos veciños), deixa aos seus nun máis que meritorio 7º posto. Mentres o Volantes, na súa estrea na categoría, salvou nun dantástico 13º posto.

Volantes-Corcubion-Foto-Gonzalo Sestayo

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios