Domingo. 05.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Corme amosa as súas credenciais

2ª Autonómica: O Corme amosa as súas credenciais
Sofan-Castriz-Foto-SD Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Mantéñense Sofán e Corme líderes da 2ª Autonómica tras esta 25ª xornada. Unha xornada entroideira (impresionante a xente de Fisterra!) que traía un partidazo especial. No Cairo o Cee facía un partidazo que demostra que debe estar máis arriba a pesar da súa irregularidade. Pero un partidazo que non lle serviu para sumar e que ve como os de arriba se lle escapan a 13 puntos.
Ollo a este Corme, que leva 14 partidos sen perder, e que só se deixou 1 punto no Cairo.

Se o Sofán non fallaba ante un Castriz que xa se deixa levar, o Zas se deixou dous puntos, e puideron ser tres, en Cabana. Mentres o Fisterra tamén está nunha xeir tremendamente positiva, con 6 vitorias seguidas quedando a 9 do liderato, e 4 por riba do Outes e Cee.

Por abaixo, o Corcubión déixalle o posto de pechacancelas a un IDC que non foi quen nin de xuntar 11 no Cubaleiro. Ambos parecen abocados ao descenso, pero atentos cos arrastres, pois Camelle, Muros, Volantes, e mesmo Cabana, poden sufrir ao final de campaña.

Fisterra - Mazaricos (3-1)

Fisterra-Mazaricos-Foto-Sara Ramos
  • FISTERRA: Joselu, Robertín, Bebeto, Manuel Cartamil, Munitis (Roberto), Santi, Roa (Guardiola), Tony (Sergio), Mario (Aitor), Isma Leis e Bruno (HIdalgo).
  • MAZARICOS: Pejo, Chico, Matías, Martín (Ramón, min.45) (Casais, min.84), Estéfano, Coxo (Rodri, min.46), Ferreiro, Esteban (Oreiro, min.46), David, José Ángel (Tuco, min.70) e Molinos.
  • Goles: 0-1, min.32: Molinos; 1-1 min.40: Bruno; 2-1, min.44: Bruno; 3-1, min.72: Aitor.
  • Lesións: os amarelos Ramón, cunha escordadura de nocello, e José Ángel con problemas físicos que xa viña arrastrando.

Primeira metade moi igualada na que o Mazaricos soubo prantar cara, moi ben posicionado, a todo un Fisterra. Ademais, unha contra servía para que os de Alinhos se metesen por diante no marcador. Pronto reaccionaba o cadro de Juan Jesús e de contado Bruno facia o empate e metía o segundo antes de marchar aos vestiarios.

Na segunda, comezou o Mazaricos intentándoo, pero non foi capaz de entrar a pelexar o partido, e o gol de Aitor sentenciaba o choque e mataba as aspiracións dos amarelos.

Impresionante o ambientazo en Ara Solis, con comparsa e todo facendo as risas dos espectadores.

Entroido fisterran en Ara Solis

Corcubión - Indep. Carballo (8-1)

  • CORCUBIÓN: Perlón, Alán, Jesús, Senra (Checho, min.46), Xabi, Antón Lestón (Coiradas, min.80), Edu, Gabi (Trillo, min.60), Sebas, Mario (Alberto, min.65) e Lema (SuperMario, min.70).
  • IDC: Lorenzo, Jonatan, David García, David Rodríguez, Carlos, Manu, Dani Rosalía, Adrián Rama e Adri.
  • Goles: 1-0, min.10: Lema, 2-0, min.13: Lema; 3-0, min.20: Sebas; 3-1, min.21: Adrián; 4-1, min.25: Sebas; 5-1, min.50: Checho; 6-1, min.67: Jesús; 7-1, min.73: Checho; 8-1, min.80: Trillo.

Con 10 e sen ninguén no banco chegaba o IDC ao Cubaleiro nunha escena que xa vén sendo demasiado habitual nun cadro carballés asolagado polas baixas. Ademais, o colexiado obrigou a un dos xogadores a facer de delegado polo que o equipo quedou aínda máis mermado. O Corcubión non tivo piedade e adianta ao cadro carballés deixándoo de pechacancelas con 15 puntos. Os 17 dos de Senra tampouco parecen suficientes para salvar a categoría pois a salvación está nos 23 e aínda sen ter en conta os máis que posibles arrastres.

Cabana - Zas (1-1)

  • CABANA: Añón, Isma, Eloy, Charli, Iván de Treos, Fariña (Eloy Pereiar,min.75), Eloy Vilas, Sandro, Berti (Moreira, min.76), Josiño e Fernando (Manolo do Cruceiro, min.67).
  • ZAS: Anxo (Rizos, min.15), Pereiro (Fabián, min.55), Oli, Víctor Vecino, Lagoa, Canedo, Isma, Samuel (Martín, min.70), Rubio, Pablo Lestón (Peke, min.65) e David Blanco.
  • Goles: 0-1, min.55: Víctor Vecino nunha xogada de estratexia; 1-1, min.75: Josiño de penalti.
  • Lesión: o meta zaense Anxo.

Partido igualado, cun Cabana que prantou cara a todo un Zas e se cadra mereceu algo máis. Empezou ben o cadro de Iván Cancela, cun tiro ao pau de Iván Lagoa de falta. Pero pouco a pouco o Cabana foi collendo ritmo e o mando. Nunha contra con Berti salvou Víctor Vecino baixo paus. Xa na segunda, comezaba o Zas pero o Cabana estivo mellor no cómputo global. O propio Vecino marcaba nunha xogada de estratexia ao comezo da segunda. Rizos, que saía polo lesionado Anxo, sacou antes do penalti unha gran ocasión para o empate, que chegaría dende os 11 metros.

Lagoa, no min.88, tivo unha clara que saíu rozando o pau pero se o partido dura un pouco máis, probablemente o Cabana podería ter levado os puntos.

Corme - Cee (2-1)

Obras no Cairo
  • CORME: Javi, Dani (Manu, min.75), Alejandro, Miguel Torrado, Diego (Josiño, min.60), Sergio (Pandi, min.60), Juan Chans, Brais, Alejo, Lucas e Toniño.
  • CEE: Parroto, Jorgito, Dani Freire, Berto (Carlos Leis, min.46), Jacobo, Angeliño, Diego Cespón (Penedo, min.75), Nico, Josiño (Yayá, min.65), Llanero e Cristian.
  • Goles: 0-1, min.10: Cristian dende lonxe cun bo tiro; 1-1, min.87: Toniño aproveita un rexeite tras un mal despexe da defensa ceense que petou no longueiro propio; 2-1, min.94: Lucas de falta directa por riba da barreira.
  • Expulsión: o cormelán Manu e o ceense Penedo nunha pequena tangana xa contra o final.

3 puntos tremendamente suaos os do Corme ante un Cee que ben os puido ter levados para casa. Pero perdoou, e deixou vivo ao Corme, e non se pode cos azulón. Tarde de vento e auga pero os dous equipos quixeron xogar e xogaron, e fixeron as delicias dos afeccionados con fútbol e tensión por igual, cunha derrot inxusta para os ceenses, e unha vitoria dos azulóns que lle permiten seguir invitos no Cairo (xa co nome e todo posto na bancada) onde só o Camelle conseguiu sumar esta tempada.

Comezaba o Cee moito mellor, e Cristian ganáballe a partida a Miguel Torrado e saca un chutazo dende lonxe que se cola pola escuadra de Javi. Tivo para sentenciar o Cee, para facer o 0-2, pero o cabezado de Llanero saíu fóra por pouco, e un tiro de Josiño sae fóra por pouco. O Corme apenas chegaba na primeira metade e só Lucas de falta e Toniño avisaban a Parroto.

Comezaba a segunda cun Corme que non acababa de arrincar e o Cee volvía perdoar. Cristian marra un man a man con Javi e a mellor ocasión chegaba cando un centro de Llanero chégalle a Yayá no segundo pau e este logo de recurtar a un defensor ve como Torrado saca o balón sobre a liña de gol.

Cando parecía que o Cee sairía vitorioso do Cairo meténdose de cheo na loita, o Corme saíu a flote. Un mal despexe de Angeliño saía cara atrás, pegaba no propio longueiro e o balón caía nos pés de Toniño que facía o empate. E xa no desconto, unha falta ao bordo do área dous minutos despois transfórmaa Lucas levando o delirio á grada.

Carnota - Camelle (1-1)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Fernando (Iván Maceiras, min.10), Nakata, Pumuky, Pablo Beiro (Elías, min.80), Urko (David, min.60), Rodrigo e Adrián dos Lombos (Pablo Pichín min.82).
  • CAMELLE: Ángel, Adrián, Baliña, Dido, Matías, Miguel Riveiro, Mario, Javi Rañal, Sergio, Adrián da Barca, Barreiro. Tamén xogaron: Chuchi, Jesús, Álvaro e Martín.
  • Goles: 0-1, min.20: Barreiro; 1-1, min.40: Pedro Pichín.
  • Lesión: Adrián de Arteixo cunha rotura de fibras.

Partido aberto e limpo en Lombáns, con ocasións para os dous equipos, pouco acerto cara a meta contraria, moi boas actuacións dos dous porteiros e un empate máis ou menos xusto. I é que o Camelle chegaba con xente, por fin, e mesmo cun porteiro de verdade, pois Ángel xa se puido meter baixo paus e deixou a Carlos de Dido no lateral.

Como dicíamos, os porteiros foronos protagonistas dun partido que na segunda metade puido caer de calquera lado pero que quedou en táboas.

Sofán - Castriz (4-0)

  • SOFÁN: Lerma, Cantudo (Eloy Boedo, min.65), Marcos Pensado, Pablo Martínez, Javi Souto, Martín (Bertín, min.80), Iván Rey (Michel, min.70), Iván Rojo (Leilán, min.62), Brais e Raúl.
  • CASTRIZ: Juan, Pose, Alberto, Álex, Chinda, Pablo, Bruno, Cili (Rubén), Adra, Luís e Martín.
  • Goles: 1-0, min.10: Raúl aproveita un centro de Iván Rey que peitea Brais; 2-0, min.40: Marcos Pensado aproveita un pase de Iván Rojo nunha contra; 3-0, min.67: Brais nun córner; 4-0, min.80: Raúl no man a man.

Non fallou nas Eiroas desta volta o líder ante un Castriz bastante desmotivado. Pola contra, os locais apretaron dende o comezo e pronto Raúl adiantaba aos de Mallón. O Castriz tomou o control do balón, pero sen profundidade, e a SD aguantaba firme atrás e saíndo con perigosas contras como a que propiciaba o segundo tanto ao fío do descanso, logo de que Álex intentase o empate pero dende lonxe.

Non confiou na remontada o Castriz na segunda e así chegaron dous máis na segunda.

Muros - San Lorenzo (0-0)

  • MUROS: Fabio, Santi, Samu, Veloso, Ramón, Pelos, Dani, Ramón, Saúl, Sexo e Yanki. Tamén xogaron: Jesús e Adri.
  • SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez, Adrián, Canteiro, Anxo, Cachizo, Velo (Chucho, min.65), Schuster, Joaquín, Fuentefría e David Rey (Dani, min.70).
  • Expulsión: o muradán Pelos no min.40.

Partido moi igualado no que o cadro muradán protestou a actuación arbitral. Comezaron os dous equipos moi ben prantados e presentando as súas armas, co San Lorenzo apretando por arriba e a balón parado e o Muros presionando e chegando máis, pero ningún dos dous equipos creo moito perigo. Pero ao fío do descanso o colexiado deixaba con 10 ao Muros pola expulsión de Pelos, que dicía un taco tras unha falta que consideraba a favor e o colexiado pitou en contra.

Quedou tocado o Muros e de feito aínda antes de chegar ao descanso a defensa muradá tivo que sacar baixo paus un barullo na área. O San Lorenzo puido poñerse por diante na segunda, cun home máis, pero Joaquín, por dúas veces, Velo e Dani non estiveron acertados. O Muros, ben plantados atrás, tivo un par de contras que tamén puido romper a igualada, sobre todo unha doble acción de Jesús ao final do choque que Puyol, un dos mellores do partido con Fabio, parou ben.

Buño - Volantes (1-0)

  • BUÑO: Brais, Eloy, Alfredo, Iago, Rubén, Dani, Dourado, Miguel (Juan, min.88), Gurita, Pedro e Charro (Casais, min.80).
  • VOLANTES: Vicente, Juan, Néstor, Varo, Miguel, Pardelo, Moja, Martín, Edu (Cucurro, min.70), Seluco (Kajulo, min.20) e Adri.
  • Gol: 1-0, min.29: Pedro de trallazo dende fóra da área.
  • Lesión: Seluco con problemas musculares.

Partido aberto e igualado, no que o máis xusto tería sido un empate, nun choque sen dominador claro, cun Buño que prantexou dende atrás o partido e un Volantes que comezou mal. A primeira metade estivo mellor o Buño, pero tivo apenas unha ocasión, e o Volantes, nunha gran segunda metade, tivo un par boas, pegando mesmo no pau de Néstor, pero o empate non chegou, a pesar de que Kajulo marrou a porta baleira e JUan, xa no desconto, rematou de cabeza e o balón saíu lambendo o poste.

Outes - Porteño (1-1)

  • OUTES: Gato, Borja, Chúa, Jura, Rafa, Saúl, Martín, Chía (Fabio, min.46), Piki (Babu, min.70), Migui (Poke, min.70) e Elías (Edu, min.46).
  • PORTEÑO: Jimmy, Pego, Gabi (Marcos, min.60), Caamaño, Iago, Cousillas (Maikol, min.50), Piti, Cristian, Óscar, MeuLar (David, min.75) e Isma (Varela, min.63).
  • Goles: 1-0, min.44: Martín; 1-1, min.88: Cristian de cabeza.
  • Expulsións: Fabio por protestar no min.65.

Dous partidos distintos os que se viron no Cunchido, que remataron cunhas xustas táboas, malia que o Porteño deu o do de peito e prantou cara ao cadro local. Tras unha primeira metade na que o Outes estivo lixeramente por riba, Martín anotaba un gol que adiantaba aos locais despois de que os da Ponte fallaran un penalti que detivo Gato, espléndido como en toda a temporada. Tamén tiña un balón ao longueiro o equipo visitante pero non entraba

Recuperábase o Outes, pero Fabio era expulsado por protestar tras un posible penalti, e aí cambiou o rumbo do partido. Xa era un partido igualado, pero se meteu o Porteño máis arriba, co balón pero sen demasiadas ocasións, pero o empate chegaría contra o final cun tanto de Cristian de cabeza.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios