Domingo. 05.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Co Baíñas e Montelouro ao seu, a Promoción ponse tensa

3ª Autonómica: Co Baíñas e Montelouro ao seu, a Promoción ponse tensa
Canelo marca o segundo gol para o Montelouro-Foto-Edu Olveira A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser

Seguen ao seu Baíñas e Montelouro trala 17ª xornada da 3ª Autonómica. O líder goleaba ao Ameixenda e mantén 3 puntos de diferencia co Montelouro, que ten un partido máis, e que non fallaba ante a visita do Cerqueda.

8 puntos sacan os loureáns ao 3º, o Coristanco, que encabeza o grupo da loita pola Promoción. Un grupo no que están Lira, Muxía, Nantón e Seaia metidos en apenas 3 puntos, co Ameixenda que non se quere despegar da loita e loitará tamén cos 5 equipos por un posto.

Aínda quedan 3 partidos aprazados no seu día para este martes de entroido, nos que o Muxía-Baíñas suspendeuse por unha tangana no min.40 co 1-0 no marcador.:

Muxía 04/03 - 17:00 (x.13) Baíñas
Cerqueda 04/03 - 17:00 (x.13) Castrelo
Ameixenda 04/03 - 16:30 (x.14) Nantón
  • 3 partidos para o martes aprazados no seu día.

Laxe - Coristanco (2-3)

  • LAXE: Anxo, Samu Soneira, Jacinto, López, Djamel, Santi, Gora, Samueliño, Saleta (Naya, min.60), Adri e Manu Dominguez (Carrabete, min.46).
  • CORISTANCO: Nacho, Rubén, Rubio, Morientes, Marquiños, Mato (Añón, min.17), Héctor (Gonzalo, min.50), Luís, Mallón, Torreira (Benítez, min.80) e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.20: Toniño; 0-2, min.35: Torreira; 0-3, min.55: Rubio a centro de Añón; 1-3, min.65: Gora de rexeite; 2-3, min.75: Naya de chilena nun córner.
  • Expulsión: os laxenses a López nunha tangana (min.75), Santi (por vermella directa) e Carrabete (doble cartón) e a Naya xa co partido rematado.

Partido igualadísmo que salva o Coristanco e deixa ao Laxe de pechacancelas. Pero a igualdade da categoría demóstrase precisamente neste partido, no que o Laxe mereceu máis ante o 3º. Tivo a posesión boa parte do partido o cadro laxense, pero comezaba ben o Coristanco chegando por medio de Toniño e Torreira, que precisamente marcaban no ecuador da primeira.

Comezaba a segunda e o Coristanco abría a fenda pero o Laxe non perdía a fe pois estaba facendo un bo partido. Púxose algo bronco o choque e se recurtaba Gora e Naya de penalti, o colexiado acababa expulsando ata a 4 xogadores do Laxe, a pesar do cal apretou ata o pitido final ante un Coristanco que acabou pedindo a hora.

Montelouro - Cerqueda (2-0)

11 do Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, Abel, Álvaro (Santi, min.55), Pablo, César, Canelo, Pedro, Geico, Isma (Pexe, min.80), Benja (Bruno, min.64), Pesco e Raúl (Pepe, min.75).
  • CERQUEDA: Rubén, Eliseo, Manuel, Pailos, Xabi, Dani, Lorenzo, Uru, Fernando, Sergio, Añón.
  • Goles: 1-0, min.10: Geico; 2-0, min.20: César nun córner.

Puxose de cara o partido para os de Jurjo que souberon nadar (nunca mellor dito dado o estado do terreo de xogo de Agra da Filgueira) e gardala roupa. Tiña medo o Louro á chegada do Cerqueda pois ademais contaba con moitas baixas, pero o equipo respondeu, e sacaron unha gran vitoria que o mantén detrás do líder, e non permite que o Cerqueda se meta na loita.

Montelouro-Cerqueda-Foto-Edu Olveira

Muxía - Corcoesto (8-0)

  • MUXÍA: Papi (José Antonio, min.46), Currás, Pataca (Carrera, min.60), Denís, Peski, Pereira (Julián, min.46), Juan, David (Martín, min.50), Adrián, Iván e Jonathan.
  • CORCOESTO: Edelmiro, Rodri, Germán, Alberto, Javi, Luís, Pichu, Dani e Cristian.
  • Goles: 1-0, min.10: Adrián; 2-0, min.16: David; 3-0, min.20: Iván; 4-0, min.35: Jonathan; 5-0, min.50: David; 6-0, min.60: Jonathan; 7-0, min.70: Julián; 8-0, min.80: Adrián.
  • Lesión: o cabanés Dani.
Con 9 chegaba o Corcoesto a Arliña, por mor das baixas, e acababan con 8 sobre o céspede pola lesión de Dani. Pouco que facer o equipo cabanés ante un Muxía que cumpriu o expediente.

Baíñas - Ameixenda (5-1)

  • BAÍÑAS: Sergio Puto, Luís (Sancho, min.70), Braulio, Capote, Samuel (Héctor, min.80), Mario (Diego, min.60), Jaime, Esteban, Cristian, Tasky e Javi Suárez.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Iván, Javichu (Grille, min.60), Camacho, Bruno (Brais, min.46), José Exprés (David, min.50), Alex, Jorge, Borja, Momaño (Jesús, min.46) e Chiru.
  • Goles: 1-0, min.5: Tasky; 2-0, min.15: Javi Suárez; 3-0, min.40: Cristian; 4-0, min.60: Capote; 5-0, min.75: Javi Suárez; 5-1, min.90: Jesús de penalti.
  • Expulsión: o míster visitante Sieso (min.70) e David (min.80).
A afección do Baíñas estivo de entroido-Foto-CD Baiñas

Protestaron os visitantes unha caseira arbitraxe, pero o Baíñas foi superior dende o primeiro minuto. Xa marcou aos 5 minutos Tasky, e co 2-0 se puxo de cara, e sen dar opcións para os ceenses, que só marcaron o gol da honra no último minuto de partido.

Seaia - Castrelo (2-3)

  • SEAIA: Sergio, Lesi (Richard, min.66), Jesús, Javi, Ramón (Zala, min.80), Vilariño (Martínez, min.60), Agra, Parga, Medros, Camilo e Uru.
  • CASTRELO: Iván, Valiña, Sergio, Mario, Rodrigo, Roi (Gus, min.60), Esteban, Ismael (Roberto, min.46), Félix, Germán e Marcos (Óscar, min.80).
  • Goles: 0-1, min.10: Ismael de penalti; 0-2, min.25: Germán; 1-2, min.65: Medros cun golazo case dende o medio campo; 2-2, min.75: Camilo de xogada individual; 2-3, min.85: Germán.

Pinchazo do Seaia ante un Castrelo que sae da última praza e suma xa 11 puntos, só un menos que a tempada pasada completa. A primeira metade estaba o Castrelo co vento a favor e o aproveitou para poñerse cun 0-2 importante.

Na segunda cambiou o conto, e o Seaia foi polo partido apoiado polo vento. Recurtou Medros, e Camilo, Uru, o propio Medros tiñan ocasións. Foi o propio Camilo o que empataba e xa contra o fina, nunha contra dos vimianceses, chegaría o gol da vitoria para os de Roberto Cardexo co segundo tanto de Germán.

Nantón - Lira (2-2)

  • NANTÓN: Erni, Carlos (Dani, min.65), Eloy, Félix, Diego, Amado, Martín (Manu, min.60), Carlos Vidal, Luís, Iván e Lareo.
  • LIRA: Andrés, Herminio, David, Joserra, José Manuel, Santi, Suso Perico, Alex, Manu Goyanes, Cristian e Víctor. Tamén xogaron Oli, Aitor, Manu e David.
  • Goles: 0-1, min.12: Suso Perico de falta; 1-1, min.40: Joserra en propia meta de tacón a un centro de Lareo; 1-2, min.70: Cristian cun golazo dende o medio campo; 2-2, min.93: Iván.
  • Expulsión: o liracho Josiño por protestar no gol (min.93).

Empate no choque máis igualado da xornada que deixa aos dous equipos ben situados na zona de Promoción, con 2 puntos de diferencia entre ambos. Co campo anegado, o partido foi duro de xogar. Primeiros 20 minutos bos dos locais, pero eran os lirachos os que se adiantaban cun gol de falta de Suso Perico. Tomou o mando o Lira ata case o final da primeira metade, xusto cando empatou o Nantón cun tanto en propia meta.

Comezou o Nantón mellor a segunda pero de novo Cristian adiantou aos lirachos cun golazo dende o medio campo.Foise arriba o Nantón, pero non empatou ata o min.93, e aínda tivo algún pero fallaron no pase.

Non gustou a arbitraxe por Lira, cun árbitro vello coñecido do equipo liracho cos liracho, mesmo no go final do empate que puido ser fóra de xogo. Ademais, os duras as baixas as que se enfronta o Lira, pois Fran Perico marchou para Canarias e para a semana non poderá contar con Suso Perico nin Josiño por sanción.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios