Segunda xornada do 2015 para o fútbol costeiro, aínda coa resaca da Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa. De feito, despois da entrega da roupa deportiva para as familias de Vimianzo a través da Cruz Vermella, este luns teremos en Santa Comba a entrega a través dos Servicios sociais municipais nunha iniciativa solidaria, lembren a pesar do silencio administrativo dos medios de comunicación locais, artellada por QPC.
E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, cunha vitoria caseira e un empate lonxe da casa para os nosos. O XSC vencían con goles, e o debut de Vía Rápida, e solvencia a un dos de abaixo, e superan ao Dumbría na táboa. Un cadro dumbriés que empatabaante o Residencia e queda no ecuador da táboa.
Na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra houbo de todo. O Sofán caía ante o filial do Bertamiráns pero mantén 4 puntos de diferencia sobre o Villestro. De 5º queda o Baio tras vencer en Amio, e para vitoria grande a do Soneira, que foi un auténtico vendabal ante o Agolada.
As malas novas chegaban dende Malpica, que caia na súa visita ao Unión e non puido sumar outros 3 puntos despois da aliñación indebida do Silleda do choque aprazado que se disputou no Nadal. O Corme non sacou nada da súa visita ao Piloño, e a Esteirana non acababa de sacar a cabeza a flote e non pasou do empate na casa ante o Lesende, un rival directo.
O partido da semana na 2ª Autonómica - ES Bazarra enfrontaba ao líder cun dos aspirantes, un Volantes que está a facer unha gran temporada. Pero os muradáns non puieron sacar nada positivo de Verdillo e o San Lorenzo afianza o seu liderato, con 5 puntos sobre o Outes, que goleaba ao Camelle, e 7 sobre o Zas, que facía o propio ante o Camariñas. Quedan os laranxas a 10 do líder, 2 por debaixo do Castriz. O cadro xalleiro que caía en Louro, ante un cadro muradán que parece levantar o voo coa segunda vitoria consecutiva e se achega aos Ponteceso, que empata ante o Seaia e Carnota, que vencía en Cee nun partido sempre esperado. O Fisterra vencía ao Buño, Cabana e Mazaricos empataban a 3, o mesmo resultado do Porteño-Baíñas. Precisamente, a nova dominical é a volta de Pablo Mallón aos bancos da Costa. O que fóra adestrador do Sofán, toma o relevo de Mario no Baíñas.
E cambio de líder na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira para rematar a 2ª das 4 voltas. O Ameixenda completa a súa 4ª xornada sen gañar, e caía ante o Lira. Pola contra, o Cerqueda sumaba a súa 5ª vitoria consecutiva ante o Nantón e se coloca un punto por diante. Por detrás, o Corcubión, que descansaba, a 3 do liderato, o Lira a 8 e o Nantón a 11. O Muxía vencía ao Laxe e se mete definitivamente na pelexa pola Promoción.
Finaliza a primeira fase en Xuvenís
E rematou a primeira fase das Ligas Xuvenís, e xa temos aos 6 equipos que competirán na Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Pola Liga Sur - MáisDeporte, serán Dumbría, XSC e Os Miúdos, quedando finalmente a Esteirana fóra do poido, que terá que disputar a previa da Copa. O partido da xornada, o Dumbría-XSC reparaba nun empate moi vivido, permitindo que o cadro dumbriés remate a fase sen coñecer a derrota.
Xa polo Norte a cousa estaba solventada, e Camariñas, Cabana e Porteño confirmaron a súa presencia na seguinte fase. Pero o fixeron de diferente maneira. O Camariñas cerciorou o seu poderí cunha clara vitoria en Ponteceso con outros 3 tantos de Javi, mentres que Cabana e Porteño caían ante Coristanco e Corme.
Moita base
E nas Ligas Autonómicas, mala xornada para os dumbrieses, que caían ante grandes como RC Deportivo e CD Lugo, pero boa para o XSC que vencía e se toma un bo respiro na táboa da Liga Galega Cadete.
Xa nas Ligas Locais, o Corme, malia descansar, mantén o liderato na 1ª Cadete, pero só cun punto sobre un Cabana que non tivo piedade do Coristanco, e con 2 sobre o Ponteceso.
Na 1ª Infantil, o Fisterra empate no máis alto co XSC ca súa vitoria e o empate dos xalleiros en Outes. Os múidos e o Cabana seguen por detrás coas opcións intactas tralas súas goleadas.
Ademais, o Outes mantén a súa hexemonía nas F8 Alevín Costa Sur e na F8 Benxamín Costa Sur, se ben nesta, tocáballes descansar e Fisterra e Cee B os alcanza na clasificación.
Volven os Veteranos
Primeira xornada do 2015 para os Veteranos, e o fai co Hosgran máis líder da 1ª División, ao vencer ao Castriz e aproveitar o empate entre os seus perseguidores Coristanco e Dumbría. O San Román volve colocarse aí, o mesmo que o Zas tras golear ao Soneira en Vimianzo.
Mentres, na 2ª División o Agualada segue destacando mentres o Erbecedo toma unha pequena vantaxe sobre o Porteño e San Isidro na pelexa pola segunda praza.
Estes son os 80 resultados da xornada deste 10 e 11 de xaneiro de 2015, e saben que as táboas coas clasificacións e as tendencias as teñen en www.futboldacosta.com:
Residencia | 1-1 | Dumbría |
Xallas StComba | 5-2 | Atl. Riveira |
Bertamiráns | 4-1 | Sofán |
Amio | 0-4 | Baio |
Piloño | 3-1 | Corme |
Unión | 2-1 | Malpica |
Soneira | 6-0 | Agolada |
Esteirana | 1-1 | Lesende |
Camelle | 0-4 | Outes |
Seaia | 0-0 | Ponteceso |
Montelouro | 3-0 | Castriz |
Sp. Zas | 5-2 | Camariñas |
Porteño | 3-3 | Baiñas |
San Lorenzo | 1-0 | Volantes |
Fisterra | 1-0 | Buño |
Cee | 0-1 | Carnota |
Cabana | 3-3 | Mazaricos |
Ameixenda | 1-2 | Lira |
Laxe | 1-4 | Muxia |
Cerqueda | 3-2 | Nanton |
Castrelo | 2-3 | Coristanco |
Corcubion | 1-1 | Outes |
Castriz | 1-6 | Esteirana |
Muxia | 4-5 | Os Miudos |
Fisterra | 4-1 | Cee |
Dumbria | 2-2 | XSC |
Malpica | 3-6 | Zas |
Cabana | 1-2 | Coristanco |
Baio | 3-3 | Laxe |
Corme | 4-2 | Porteño |
Ponteceso | 1-4 | Camariñas |
Outes | 9-5 | Sofán |
Coristanco | 10-10 | Cabana |
Esteirana | 1-3 | Fisterra |
As Baleas | 5-1 | Os Miudos |
Ponteceso | 2-0 | Muxia |
Baio | 3-1 | Cee |
Corme | 13-0 | Zas |
Cabana | 6-0 | Vimianzo |
Cee | 5-1 | Sofan |
Fisterra | 6-2 | Coristanco |
Esteirana | 0-3 | Os Miudos |
Outes | 3-3 | Xallas Sta.Comba |
Outes | 7-2 | Dumbria B |
Dumbria | 5-0 | Lira |
Fisterra | 2-3 | Esteirana |
Cee B | 1-5 | Esteirana |
Cee | 6-1 | As Baleas |
Sofan | 14-2 | Os Miudos B |
XSC A | 6-1 | Os Miudos A |
Dumbria | 17-0 | Lira |
Fisterra | 13-0 | Esteirana |
Cee | 1-7 | As Baleas |
Sofan | 15-2 | Os Miudos B |
XSC A | 0-4 | Os Miúdos A |
Cee B | 5-1 | XSC B |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 15
San Roman | 3-0 | Baio |
Cabana | - | Bértoa |
Hosgran | 2-1 | Castriz |
Dumbria | 1-1 | Coristanco |
Laxe | 2-1 | Xv. Bergantiños |
At. Milagrosa | 1-3 | San Lorenzo |
Soneira | 0-4 | Zas |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 15
Corcoesto | 2-3 | Dep. Carballo |
Camariñas | 1-4 | Erbacedo |
Sofan | 3-3 | San Isidro - Razo |
Cerqueda | 4-3 | Buño |
Poniente | 3-6 | Agualada |
Malpica | 6-0 | Porteño |
Nantón | 2-2 | Leiloio |
Novas relacionadas
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).