Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Axenda deportiva completísima para a fin de semana

Axenda deportiva completísima para a fin de semana
Imaxe do Dumbria-Boiro-Foto- Jorge Parri

Chega completa de deporte esta soleada (por fin) fin de semana na Costa da Morte. Ademais do #futboldacosta, temos citas importantes, coma o Rali da casa, o Rali de Noia, ademais das habituais citas do baloncesto, fútbol sala ou balonmán, que este sábado terá unha data importante pois Xiria e Camariñas xogarán o seu derradeiro partido na casa e queren agradecer o apoio da afección.

En todo caso, comezamos o repaso polas ligas de fútbol, que xa afrontan a súa recta final, e que de feito teñen citas claves na Liga Galega Cadete, nas ligas cadetes e infantís que poden decidir aos campións, e mais nos Veteranos que afrontan a última xornada. Unha xornada marcada pola decisión do comité do peche do campo do Laxe por un petardo.
Comezamos pola Preferente, xa con pouca tensión, temos derbi. O Dumbría visita Fontenla nun choque adiantado ao sábado e que servirá para medir as forzas dos dous equipos. Ademais, o Soneira loitará por manter o seu posto ante un Mugardos ao que só avantaxa nun 1 punto.

Agónica será a xornada na 1ª Autonómica. Faltan só 4 para o final, e Camariñas, Ponteceso e Fisterra necesitan sumar de 3 en 3. Sobre todo os dous últimos que terán sendas finais ante Laro e Piloño, dous rivais directos que poden meter defintivamente a calquera dos dous en descenso. O Camariñas ten un pequeno colchón, pero segue sen coñecer a vitoria na casa dende a chegada de Berto, e poderán case que certificar a súa permanencia vencendo ao Pobra. Na outra Liga, o Malpica quere demostrar o seu nivel o sábado ante o poderoso Riveira.

A 2ª Autonómica está máis tensa que nunca. Se ben non haberá enforntamentos directos, calquera tropezo pode ser clave. Fermoso será o derbi entre Muros e Carnota, e o igualado choque entre Zas e Corme pola 5ª praza. Ademais, os de abaixo terán que sumar si ou si, sempre pendentes do que fagan os de 1ª.

A xornada na terá partidos complicados para os de arriba. O líder, o IDC, recibe nada menos que o Soneira B, que xa rompera unha tremenda racha ao Porteño e quere facer o mesmo cos 18 partidos sen perder dos carballeses. O Camelle, a só 2 puntos do líder, recibe a un Nantón que aínda soña ca promoción; mentres que o Porteño, que tamén loita pola Liga e pola 2ª praza de ascenso directo estando a só 4 do IDC, visita a un Lira que ten poucas opcións de meterse na promoción.
De feito, a loita pola promoción dependerá dun Laxe que o ten todo de cara e que pode dar un paso enorme se gaña en Arliña. Ameixenda, Nantón, Lira e Baíñas (que descansa) non poderán fallar e esperar tropezo do Laxe.

A Copa de Xuvenís afronta os seus intensos cuartos. Teremos 4 eliminatorias moi igualadas, se ben parece que o Dumbría parte como favorito ante un Laxe que vén de facer a xesta ante o XSC. Ademais, tremendos serán os choques entre Malpica e Cee e Cabana e Baio, mentres que o derbi entre Outes e Mazaricos tamén decidirán unha eliminatoria tremendamente igualada.

E pode ser clave a xornada para o Dumbría da Liga Galega Cadete. Aínda faltan 6 para o remate, pero os de Diego e Óscar reciben o sánado no Conco ao seu máximo rival para acadar o que sería un histórico ascenso á División de Honra. O Ural chega ao Conco 3 puntos por debaixo, e de caer serían 6 puntazos, máis o golaverage (o Dumbría xa gañou 0-1 na ida).

En cadetes e infantís seguen mandando Esteirana e Xallas de Santa Comba. De feito, en cadetes o cadro esteirán pode cantar xa o alirón a falta de 3 xornadas se vence ao Porteño, pois agora mesmo 11 puntos sobre o Cee, cuns números mareantes, 22 vitorias en 22 partidos, 118 goles a favor e 15 en contra.
Case que na mesma tesitura está o XSC en infantís, con 9 puntos sobre o segundo, tamén o Cee, polo que tamén lle vale a vitoria para cantar o alirón ao ter o golaverage indiviual favorable.

E o domingo se deciden as Ligas de Veteranos. Ao Soneira só lle vale a vitoria ante o Bergantiños en Carballo para certificar o título, unha vez que se espera que o Castriz non falle en Baio. Os vimianceses levan dúas semanas preparando a celebración do título, pero aínda terán que roelo. De gañalo sería unha gran fazaña na súa primeira tempada na 1ª división no seu segundo ano de vida.
En 2ª, xa con Laxe e Muros na 1ª, ocupando as prazas dos descendidos Vimianzo e Camariñas, loitarán polo título. O Laxe, cun punto de vantaxe tras ir por detrás do Muros máis de media liga, teráo máis fácil na casa ante o Agualada. O Muros, recibe ao Cerqueda, ao que terá que gañar e esperar o tropezo do Laxe.
Ademais, os clubes de Veteranos teñen cita o venres 19 de abril co sorteo da Copa da Costa de Veteranos, que se celebrará a partir das 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana.

Preferente, xornada 34

Xallas StComba 20/04 - 18:00 Dumbría
Gal. Mugardos 21/04 - 17:00 Soneira

1ª Autonómica, xornada 31

Atl. Riveira 20/04 - 16:30 Malpica
Fisterra 20/04 - 17:00 Piloño
Camariñas 20/04 - 18:00 Puebla
Ponteceso 21/04 - 12:00 Laro

2ª Autonómica, xornada 31

San Lorenzo 20/04 - 18:00 Cabana
Montelouro 21/04 - 17:00 Corcubión
Cee 21/04 - 17:00 Buño
Dumbría B 21/04 - 17:00 Volantes
Esteirana 21/04 - 17:00 Castriz
Baio 21/04 - 17:00 Outes
Muros 21/04 - 17:00 Carnota
Mazaricos 21/04 - 17:00 Sofán
Zas 21/04 - 17:00 Corme

3ª Autonómica, xornada 31

Camelle 20/04 - 17:00 Nantón
Castrelo 20/04 - 18:30 Ameixenda
Muxía 21/04 - 12:00 Laxe
Lira 21/04 - 17:00 Porteño
Indep. Carballo 21/04 - 17:00 Soneira B
Corcoesto 21/04 - 17:00 Alcaián
Cerqueda 21/04 - 17:00 Xaviña
  • Descansa Baíñas.
  • Fisterra B - Coristanco (0-2) pola retirada do filial.

Copa da Costa Xuvenil, ida dos Cuartos

Copa da Costa Xuvenil Cuartos 1

Liga Galega Cadete, xornada 29

Dumbría 20/04 - 17:00 Ural
Villalbés 21/04 - 11:30 Bergantiños

Liga Galega Infantil, PlayOff polo Título, xornada 10

Boiro 20/04 - 11:00 Bergantiños

Liga Galega Infantil, PlayOff polo descenso, B, xornada 10

Dumbría 20/04 - 11:00 San Cristoba

1ª Cadete, xornada 23

Muxía 19/04 - 17:30 Cabana
Outes 19/04 - 18:00 Xallas StComba
Coristanco 20/04 - 10:30 Ponteceso
Muros 20/04 - 10:30 Baio
Cee 20/04 - 10:30 Fisterra
Esteirana 20/04 - 12:00 Porteño
Zas 21/04 - 10:00 Con. de Carnota

1ª Infantil, xornada 27

Outes 20/04 - 12:00 Fisterra
Cee 20/04 - 16:30 Muxía
Esteirana 21/04 - 10:30 Ponteceso
Sofán 21/04 - 10:30 As Baleas
Baio 21/04 - 10:30 Os Miudos
Xallas StComba 21/04 - 11:30 Corme
Vimianzo 21/04 - 17:00 Coristanco
  • Descansa Cabana.

Ligas de Veteranos, xornada 30

1ª División

Bergantiños 21/04 - 12:00 Soneira
Baio 21/04 - 12:00 Castriz
Zas 21/04 - 11:00 Coristanco
Nantón 21/04 - 11:00 San Román
Ponteceso 21/04 - 11:00 Xv. Bergantiños
Corcubión Vet. 21/04 - 11:00 Bértoa
Camariñas 21/04 - 11:00 San Lorenzo
Vimianzo 21/04 - 11:00 Cabana

2ª División

Poniente 21/04 - 10:00 Sofán
Laxe 21/04 - 11:00 Agualada
Muros 21/04 - 11:00 Cerqueda
Corme 21/04 - 11:00 Corcoesto
At. Milagrosa 21/04 - 10:00 Porteño
Buño 21/04 - 19:00 Camelle
Leiloio 21/04 - 12:00 Dep. Carballo
  • Descansa Malpica.

Rali de Noia

Xa chegou o Rali da casa, o rali que temos máis preto da Costa da Morte, que se celebra este fin de semana, o 19 e 20 de abril en Noia. Non adoitamos falar nunca antes dos ralis, pero debido a proximidade do rali decidimos facer unha pequena guía para todos aqueles que se queiran acercar ata as cunetas deste XXIX Rali Ría de Noia.

Balonmán

Rematan as Ligas de Balonmán para Camariñas e Xiria. O Bm. Camariñas reicbe o sábado 20 en horario unificado das 18:30h, ao Carballal vigués. Espérase que o mister Fran Puga poida contar xa con case todos os xogadores para así poder despedir a tempada no pabellón municipal de O Areal, en todo caso, o club balonmano Camariñas, agradece a presenza de socios e afeccionados en xeral para animar ao equipo local Camariñas Conservas Boya no último partido da tempada.
Ademais, o Calvo Xiria recibe no Vila de Noia ao Lalín, no que suporá a despedida da liga de 1ª Estatal na súa casa para os carballeses. A cita, sábado ás 18:00h.

Tenis de mesa

A 3ª xornada da I Liga Intermunicipal de tenis de mesa será o domingo 21 de abril no pavillón municipal de A Trabe (Ponteceso) ás 11:00h. O choque será entre o Ponteceso e o Corcubión.

Ademais, en canto a Liga Galega, para o sábado 20 de abril en Lalín, toca:
- CTM Lalín “B” – Concello de Zas Aquacenit.
- Escola Lalín – Concello de Zas Aquacenit.
As celebracións do ascenso esperaranse ata o 27 de abril cando o Anorthosis gañe, esperemos, a Conxo Promesas.

Baloncesto

Sábado 20:
:- 18:00h: Senior femenino: E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE-C.B.BURELA PESCADOS RUBEN.

Domingo 21:
- 12:00h: Senior masculino: LICEO CASINO VILARGACIA-ACB COSTA DA MORTE.
- 12:00h: Infantil femenino: MERCEDARIAS HOTEL EL SUIZO-ACB COSTA DA MORTE.
- 19:00h: Infantil masculino: ACB COSTA DA MORTE-C.B.ARTEIXO.

Fútbol Sala

O sábado o Ponteceso visita ao Manureva Suevos na ida das Semifinais da Copa Provincial.

Ademais volve a competición á 2ª División Estatal e o Fisober recibirá ao Calceatense o sábado ás 16:00h no municipal vimiancés.

E mentres, as xogadoras cadetes do Fisober B, Laura Pose (Camelle), Inés Suárez (Camelle) e Noelia Fernández (Baio) están citadas polo Seleccionador cadete da Coruña para adestrar ca Selección Coruñesa co fin de preparar o Campeonato Galego de Selección provinciais que se disputara a finales de maio.

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios