Berto releva a Pepucho no banco do Camariñas


Xa nolo apuntaban esta fin de semana. Era máis que probable a destitución de Pepucho do banco do Camariñas trala mala xeira de resultados do equipos. O cadro conserveiro atópase na 15ª praza da 1ª Autonómica, empatado a puntos co Cacheiras e Ponteceso, penúltimo na táboa. A derrota desta semana ante o Unión provocaba que a directiva decidise destituír a Pepucho.
Alberto Suárez Fuentes, Berto, volve ao Camariñas. Xa levaba case un ano sen adestrar por asuntos familiares pero agora, ca chamada do equipo da súa vila,
e con peticións da directiva e dalgún xogador, Berto non pode dicir que non.
Xa foi adestrador en 2 ocasións durante 3 anos cada vez, e co cadro camarián xa se fixo campión da Liga da Costa, cegou a semifinais da Copa, e mesmo estivo un ano imbatido, quedando, iso si, 2º por detrás dun impresionante Castriz.
Agora tralo seu paso polo Zas e Ponteceso, volve ao Camariñas FC.
"Faltan 13 partidos, a cousa non está fácil pero hai equipo para estar máis arriba", asume Berto. "Se remamos todos no mesmo sentido, podemos sacar o equipo adiante, pero a labor dos xogadores é fundamental", coméntanos.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O IDC colle ao líder.
- 2ª Autonómica: Os 3 primeiros abren unha fenda.
- 1ª Autonómica: Só respira o Fisterra cunha cara vitoria.
- Preferente: Dumbría e XSC non queren perder o tren.
- Resultados do #futboldacosta da última fin de semana de xaneiro.
Artigos relacionados
- Anxo GarridoVídeoentrevista de Anxo Garrido co míster do Bergantiños Javier Lavandeira.
- Alberto Pose: Filiais na Costa?.
- David Castro: Entrevista de David Castro co porteiro cabanés Sergio Aranzubía:
- Manuel Varela: Analizando o estado de saúde dos equipos da Liga da Costa en pleno parón de Nadal.
- Héctor Pose: Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- Un album de fotos antigas do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).