Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Cabana demostra o seu gran traballo coas categorías inferiores co III Torneo de Fútbol Base Cabana S.D.

O Cabana demostra o seu gran traballo coas categorías inferiores co III Torneo de Fútbol Base Cabana S.D.

Se dalgo pode loubarse o Cabana S.D. é do seu traballo co fútbol base. E así o refrendaron este ano os cadetes, que quedaron a un palmo da Liga Galega, e hai dous anos aquel Cabana da Costa xuvenil que levou o nome da bisbarra por toda Galicia.

Esta fin de semana, os cabaneses organizan o III Torneo de Fútbol Base Cabana S.D. A cita será este sábado 25 de xuño dende as 10:00h da mañá nas Redondas. Xa hai 12 equipos na categoría benxamín e outros tantos na alevín.

A entidade pensa en todo ademais, e enviou a todos os equipos unha invitación completa, na que aconsella aos clubes aproveitar as xornadas para facer turismo polas fermosas praias do concello cabanés, ou facer unha ruta polo Rego dos Muíños, visitar o Dolmen de Dombate ou o Castro Borneiro.

Novas relacionadas

Máis información

Citas deportivas do verán

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios