Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: 2 vitorias e unha derrota con boas sensacións

Preferente: 2 vitorias e unha derrota con boas sensacións

Non foi de mala a xornada para os nosos na Preferente. I é que ademais das dúas e importantes vitorias do Dumbría e do XSC, o Soneira caía, pero o facía pola mínima ante o líder e deixando boas sensacións.

Sada - Dumbría (0-1)

  • DUMBRÍA: Julián, Rivi (Cote, min.60), Óscar, Aarón Fdez., Pablo Conde (Jose, min.77), Aarón López, Doro (Luisito, min.76), Jota, Adrián Nieto (David, min.85), Iago e Pablo Muíño (Jesús, min.62).
  • Gol: 0-1, min.4: Adrián Nieto.
  • Expulsión: Un xogador local no min.2.

Vitorión do Dumbría que se afianza na 4º praza de promoción, deixando atrás ademais a un rival directo. Un choque que case se decidía nos 5 primeiros minutos, nos que o colexiado expulsaba a un xogador local e nos que Adrián Nieto adiantaba aos dumbrieses. Quedaban moitos minutos pero a cousa pintaba ben para os de Canosa. Na primeira, moito control no medio campo e poucas chegadas ás áreas, e se na segunda o Sada intentou vir arriba, pero as contras do Dumbría puideron sentenciar antes.

Bergantiños - Soneira (1-0)

  • SONEIRA: Víctor, Chans, Maikel, Sito, Pichi, Quilmes, Fran de Urroa, Riki (Figueroa, min.83), Basti (Mayor, min.75), Javi e Leo.
  • Gol: 1-0, min.60: Roberto Piñeiro de cabeza a centro de Alexandre tras un tiro ao pau do propio Piñeiro.

Fantástica a actitude do Soneira de José Ángel ante o líder indiscutible da categoría. Nun campo impracticable, o Soneira aguantou ao cadro carballés nunha primeira metade na que non houbo demasiadas ocasións. A actitude dos soneiráns, a pesar das baixas que ata facían que no banco houbese algún tocado, era moi positiva e dende logo non parecía que se trataba do pechacancelas, e si semellaba que podía levar algo positivo das Eiroas.

Arrincaba a segunda metade e de contado o cadro local notaba a saída de Roberto Piñeiro. Un tiro ao pau e un penalti que paraba Víctor precederon ao tanto local, no que Piñeiro foi o protagonista. Demasiado custa arriba para un Soneira con tantas baixas, pero que deixa unha sensación boa no novo míster.

Xallas StComba - San Tirso (2-0)

  • XSC: Diego, Cristian, Rubio, Héctor, Alfonso, César (Dani M., min.88), Marcos, Mario (Toño, min.84), Richi (Diego Maneiro, min.89), Jesús e Darío (Jonathan, min.80).
  • Goles: 1-0, min.5: Mario; 2-0, min.25: Alfonso.

Gran partido do equipo de Julio Martínez que dominou o partido e non viu en perigo a vitoria en ningún momento. Xa Mario marcaba moi pronto para os locais e Alfonso facía o segundo no ecuadro da primeira metade. Pero non baixou o ritmo e seguiu dominando e mesmo puido ampliar a renda pero Darío, que foi dos máis activos arriba, non estivo acertado cara gol.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios