Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: Soneira e XSC seguen naufragando

Preferente: Soneira e XSC seguen naufragando

Unha soa vitoria, a da semana pasada, nas últimas 17 xornadas do Soneira. E 8 derrotas nos últimos 9 partidos do cadro xalleiro. Cifras preocupantes tras esta xornada 25 para dous dos equipos costeiros na da Preferente. Ambos colleitaban sendas derrotas por 3 goles, e se o Soneira ve a salvación a 7 ou 8 puntos, o cadro xalleiro colócase con só 4 puntos de vantaxe sobre os postos de descenso directo, tendo sempre na cabeza posibles arrastres.

O que segue ao seu é o Dumbría, na 6ª praza, e a só 6 da 3ª praza.

Xallas StComba - Castro (0-3)

  • XSC: Diego, Rubén Forján, Rubio, Alberto (Cristian, min.78), Héctor, Alfonso (Dani M., min.82), Marcos, Jesús, Richi, Arnejo (Toño, min.50) e Jonathan (Mario, min.50).
  • Goles: 0-1, min.28; 0-2, min.50; 0-3, min.90.

Dominou o cadro local o partido ante un XSC que non tivo opción. Aguantou a primeira media hora, pero aí chegaba o gol inicial. Á volta do descanso chegaba a sentenza deixando unha segunda metade na que os verdes e laranxas nunca confiaron na remontada.

Chantada - Soneira (3-0)

  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Chans (Cristian Figueroa, min.46), Sito, Maikel, Fran de Urroa, De la Sierra, Mayor (Richi, min.60), Javi (Leo, min.75), Basti e Riki.
  • Goles: 1-0, min.10: de penalti; 2-0, min.15: de penalti; 3-0, min.70.
  • Expulsión: Sito no segundo penalti e ao porteiro suplente Martín dende o banco.
  • Lesión: Cristian Figueroa.

Tras vencer a semana pasada non continou a senda o Soneira e caía en Chantada con rotundidade. E iso que comezaba controlando o balón, pero a sorte non estaba onte cos de Manolito. Nun balonazo despexado polos locais chegaba o primeiro tanto de penalti tras unhas mans na área soneirá. En apenas 5 minutos, novo penalti e expulsión de Sito, deixando con 2-0 o marcador e o Soneira con 10 e 75 minutos por diante.

Non lle perdeu a cara ao partido o equipo soneirán e de feito na segunda seu puido ter metido, pero De la Sierra lanzou alto outro penalti desta volta en área local cometido sobre Basti. Chegaría o 3º dende unha falta lateral e o equipo quedaba con 9 pola lesión de Cristian Figueroa.

Dumbría - Dubra (1-0)

  • DUMBRÍA: Julián, Jose, Óscarín, Aarón Fdez., Iago, Aaróon López, Adrián Makaay (Pablo Muíño, min.67), Jota (Pablo Conde, min.89), Doro, Dani Casal (Rivi, min.60) e Adrián Nieto (Luisito, min.80).
  • Gol: 1-0, min.34: Adrián Makaay.

Igualadísimo choque no Conco, pero este Dumbría ten a sorte de cara. Choque directo que 10 puntos de diferencia entre ambos. O Dumbría tomou a iniciativa ante un Dubra espectante. Pero as ocasións tardaron en chegar e o respecto era máximo. Tivo que chegar o gol nun dos poucos descoidos da defensa visitante, e Adrián Makaay enganchaba unha volea que vale 3 puntos.

A segunda o propio Makkay puido sentenciar, pero o único salientable, xa uqe o Dubra non tivo ocasións para o empate, foi a lesión da colexiada, obrigando a un dos liñas a poñerse de colexiado os últimos 20 minutos.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios