Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada silenciosa do Fútbol costeiro

Resultados e análise da xornada silenciosa do Fútbol costeiro
Seaia-Coristanco-Foto-DAvid Castro Juan de Dora correu para sacar esta camisola de Animo Parri

Pois parece que quedou un domingo perfecto para a práctica do fútbol tras varios meses de temporal en temporal. Pero a semana estivo marcada pola perda dos pais de dúas persoas moi importantes para o deporte costeiro. Falecían o pai de Marco Antomnio Sande, e mais o pai de Jorge Parri, un Parri que recibía milleiros de mostras de apoio en todos os campos, pois en moitos se gardou un minuto de silencio.
Especial foi a dedicatoria que os cadetes do Dumbría de División de Honra lle adicaron ao marcar o seu gol, pero non lle puideron adicar a vitoria.

E comezamos o análise da xornada pola Preferente, onde os equipos seguen nas súas liñas. O Dumbría sumaba 3 puntos máis, e xa van 12 xornadas sen perder, e queda 6º, a 6 da zona de promoción. Pero os XSC e Soneira seguen en caída libre e sufrían sendas e duras derrotas por 3 goles. Unha soa vitoria, a da semana pasada, nas últimas 17 xornadas do Soneira, polas 8 derrotas nos últimos 9 partidos do cadro xalleiro.

A xornada 23 na 1ª Autonómica foi irregular. O Malpica si que vai ao seu, e mantense 3º, cada vez máis preto do Arzúa, ao que lle recortaba 2 puntos. O Baio segue mirando máis cara arriba que cara abaixo, pero a Esteirana caía en casa ante o Unión e case xa ten que pensar na zona de perigo e nos arrastres. Os que seguen afundidos son o Camariñas, que non sumaba e ademais deixa escapar ao Flavia, e o Ponteceso, que non podía co poderoso Villestro, e que perde ademais ao porteiro Guille que rematou no Hospital.

Sofán e Corme mantéñense no alto da táboa da 2ª Autonómica: Os cormeláns venceron ao Zas no partidazo da xornada e o Sofán non fallou ante o Porteño. Detrás dos 3, Outes e Fisterra se colocan a 9 do líder tras vencer, pasando a un Cee que caía nas Eiroas ante o San Lorenzo na mañá dominical.
Por abaixo, IDC e Corcubión parece que o teñen complicado, máis caendo ante rivais directos como o Muros ou un Mazaricos que xa pasou a mitade da táboa. O Cabana escapa, deixando a Camelle, Muros e Volantes nas posicións máis perigosas.

Segue o Baíñas intratable tras esta 15ª xornada da 3ª Autonómica. Desta volta o que sufría a dinamita dos de Pato foi o Corcoesto. Por detrás, a 5, mantense o Montelouro que non deixou que o Ameixenda protestase, e o Lira se mete 4 puntos máis abaixo tras vencer a un Cerqueda que non arrinca, e colocarse por diante de Seaia e Coristanco, despois de que este último recortase 3 puntos. O Nantón, que vencía ao Castrelo, completa o cadro da Promoción, se ben Muxía, Ameixenda e o propio Cerqueda terán aínda cousas que dicir.

Parece que o Dumbría non vai ter piedade na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os favoritos levan 6 puntos con 11 goles a favor e 0 en contra tras golear ao Malpica. Con eles, a Esteirana, que goleou a un Corme que xunto co XSC aínda non sumaron, pois estes caían tamén co Cabana.

En Cadete, o empate en Cabana e Fisterra deixa ao XSC máis líder, mentres que en Infantís, Corme, Cee e Fisterra seguen ca súa loita na que non cede ningún.

Infantis do Corme-Ponteceso gardando un minuto de silencio polo pai de Jorge Parri

E importante xornada nos Veteranos, onde o Coristanco se aúpa ao liderato tras vencer ao Laxe e aproveitar o empate do Soneira en Baio. O Bértoa colócase 3º por diante do cadro laxense, quedando só 4 puntos entre os 4 equipos, e con Cabana e Zas aínda con posibilidades de meterse na loita polo título.
Por abaixo, Nantón e Camariñas Vet parecen sentenciados á 2ª, postos que parece que ocuparán Corcoesto e At. Milagrosa, destacados na división de prata.

E para rematar, o Cances case que sentenza a Liga Intermunicipios tras vencer con solvencia ao Seaia e aproveitar o descanso do Baldaio.

Preferente, xornada 25

Xallas StComba 0-3 Castro
Chantada 3-0 Soneira
Dumbría 1-0Dubra

1ª Autonómica, xornada 23

Piloño 0-1 Malpica
Esteirana 0-3Unión
Flavia 1-0 Camariñas
Baio 3-1Cordeiro
Villestro 5-1 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 23

Fisterra 3-0Camelle
Corcubión 0-2Mazaricos
Cabana 2-1 Castriz
San Lorenzo 1-0 Cee
Carnota 2-0Volantes
Corme 2-0Zas
Muros 3-1Indep. Carballo
Buño 1-2 Outes
Sofán 4-2Porteño
  • San Lorenzo-Cee e Sofán-Porteño nas Eiroas.

3ª Autonómica, xornada 15

Seaia 0-2Coristanco
Muxía 3-1Laxe
Baíñas 5-2 Corcoesto
Montelouro 3-0Ameixenda
Nantón 2-1 Castrelo
Lira 1-0 Cerqueda

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

Esteirana 5-1 Corme
Dumbría 8-0 Malpica
Cabana 4-2Xallas StComba

División de Honra Cadete, xornada 22

Dumbría 1-3 S.de Compostela

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 1 Norte, xornada 1

Foz 2-2 Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 1

XSC 3-5 Santiago de Compostela

1ª Cadete, xornada 14

Muxía 8-0 Corcubión
Cee 5-0Baio
Cabana 1-1 Fisterra
Esteirana 6-3 As Baleas
Outes 1-2 Muros
Coristanco 0-3 Xallas StComba
  • Descansa Zas.

1ª Infantil, xornada 22

Sofán 0-9Os Miudos
Cabana 0-2 Fisterra
Baio 1-2Outes
Coristanco 3-6 Esteirana
Corme 5-0 Ponteceso
Muxía 2-9Cee
  • Sofán-Os Miúdos nas Eiroas.
  • Descansa EFM Vimianzo.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 12

Dumbría 12-1Zas
Os Miúdos B 1-3 Cee
Os Miúdos A 1-2 Outes
Esteirana 3-2 Lira
XSC B 1-7Fisterra

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 12

Dumbría 17-0 Zas
Os Miúdos A 3-10 Outes
Os Miúdos B 0-3 Cee
Esteirana A 2-7 Lira
XSC B 1-6 Fisterra
XSC A 5-6 Esteirana B

Alevín FS, Semifinal

Manuela Rial 1-9Dumbría

Ligas de Veteranos, xornada 21

1ª División

Camariñas Vet 1-4 Zas
Muros 0-4Ponteceso
San Lorenzo 4-2 San Román
Laxe 2-3 Coristanco
Castriz 0-2 Dumbría
Nantón 0-3 Xv. Bergantiños
Bértoa 2-1Cabana
Baio 1-1Soneira

2ª División

Cerqueda 1-1Sofán
Leiloio 4-3 Poniente
Dep. Carballo 3-1 Vimianzo
Corcoesto 5-0 Malpica
Porteño 5-6 Erbecedo
Buño 0-5 Camelle
  • Descansan Agualada e Milagrosa.

Liga Intermunicipios, xornada 18

Peña Galicia 1-4 Laxe
A Piña 3-0 Valenza
Sp. Seaia 0-5 Cances
Sp. Brea - Xornes
Cereo 3-2 Rus
  • Descansa Baldaio.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios