![Michel e Jota no Santa Comba-Soneira]()
Volveu o fútbol da Costa tralo parón de Nadal. Dúas semanas sen partidos pero esta fin de semana voltou completa, se ben os
Veteranos aínda non retomaron a competición e só disputaron 3 encontros aprazados no seu día, e que afianzan ao Corcubión no liderato, por diante de San Román e Castriz.
Na xornada de hoxe da
Preferente temos que salientar a sorpresa en Fontenla onde un necesitadísimo
Soneira sacou 3 puntazos tras vencer ao poderoso
Santa Comba. Unha vitoria que saca ao Soneira dos postos de descenso, e que deixa aos laranxas aínda entre os 4 primeiros, pero máis lonxe da 2ª posición. Alegría deuna tamén o
Xallas, vencendo ao Unión, mentres que o
Dumbría caía estrepitosamente en Boiro.
Non foron moi bos resultados para os nosos na
1ª. O
Ponteceso perdía con claridade ante o Estudiantil. Mentres, o
Cee rompeu a mala racha de resultados e conseguía un puntiño ante o Imperátor, rival directo na fronteira do descenso do que o separan 4 puntos.
Na
Liga da Costa,
Club do Mar e Camariñas non fallaban. Por detrás o
Fisterra tampouco deixaba vivir ao
San Lorenzo. E o
Baio xa está 4º tras superar ao
Buño. Por abaixo só sumaba o novo e aguerrido
Zas de Corredoira, que arrincaba un punto do Conco, e o
Corcubión, xa na metade da táboa, que empataba en Sofán.
Xornada completa e interesantísimoa na
3ª. O
Volantes gañaba ao líder o
Cabana en Miraflores, o que dá conta da igualdade entre os da metade superior da táboa. Pero os cabaneses seguen líderes así e todo, 2 puntos por diante do
Outes e
Coristanco, que non fallaban. Quen si fallou foi o
Carnota, que se viron superados polo
Porteño, que tamén se mete na loita.
Montelouro e Cerqueda tamén gañaban e poñen a loita pola 6ª praza tremendamente interesante.
En
xuvenís, segue aberta a loita por entrar entre os 4 primeiros para a fase de ascenso nas dúas ligas. Polo sur, onde o
Cee segue ao seu ritmo, é agora o
Outes (que caía ante os de José Carlos) os que quedan fóra dos 4 postos a falta de 3 xornadas. O
Santa Comba e o
Soneira, que gañaban, suman un punto máis que os da Serra, mentres que o
Fisterra case ten asegurada a presencia na seguinte fase con 5 puntos de vantaxe sobre o 5º.
Polo
norte queda momentaneamente o
Ponteceso fóra da seguinte fase tras caer con este
"Malpica Dinamita". O
Baio e o
Camariñas empataba e manteñen intactas as súas opcións, e o
Dumbría B acadaba un empate ante o
Cabana que o mantén con 10 puntos de vantaxe sobre o Ponteceso.
Preferente, xornada 18
Boiro |
5-0 |
Dumbría |
Santa Comba |
0-2 |
Soneira |
Unión |
1-2 |
Xallas |
1ª Autonómica, xornada 17
Estudiantil |
5-0 |
Ponteceso |
Cee |
1-1 |
Imperator |
2ª Autonómica, xornada 17
Fisterra |
5-1 |
San Lorenzo |
Club do Mar |
3-0 |
Nantón |
Dumbría B |
0-0 |
Zas |
Esteirana |
3-1 |
Muros |
Malpica |
3-0 |
Mazaricos |
Corme |
3-1 |
Castriz |
Sofán |
0-0 |
Corcubión |
Camariñas |
0-0 |
O Pindo |
Baio |
4-0 |
Buño |
3ª Autonómica, xornada 21
Porteño |
1-0 |
Carnota |
Volantes |
3-1 |
Cabana |
Indep. Carballo |
4-1 |
Soneira B |
Coristanco |
3-0 |
Muxía |
Montelouro |
6-1 |
Xaviña |
Corcoesto |
2-1 |
Laxe |
Alcaián |
4-2 |
Camelle |
Cerqueda |
2-0 |
Fisterra B |
Outes |
2-1 |
Lira |
* Alcaián - Corcoesto (5-1). Partido aprazado da xornada 10 xogado o día de reis.
Liga Nacional Xuvenil, xornada 16
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 15
Fisterra |
5-2 |
Corcubión |
Soneira |
5-1 |
Muros |
Santa Comba |
4-0 |
Mazaricos |
Dumbría |
2-1 |
Esteirana |
Outes |
0-3 |
Cee |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 19
Dumbría B |
3-3 |
Cabana |
Laxe |
0-8 |
Zas |
Coristanco |
8-1 |
Muxía |
Malpica |
3-0 |
Ponteceso |
Camariñas |
2-2 |
Baio |
División de Honra Cadete, xornada 16
2ª Cadete, xornada 17
Muxía |
2-2 |
Camariñas |
Ponteceso |
2-9 |
Outes |
Fisterra |
1-9 |
Cee |
Esteirana |
6-1 |
Muros |
Coristanco |
1-6 |
Cabana |
Dumbría |
3-0 |
Soneira |
Porteño |
0-2 |
Santa Comba |
Malpica |
5-2 |
Zas |
2ª Infantil, xornada 17
E.M.F. Vimianzo |
3-0 |
Os Miudos |
Con. de Carnota |
9-0 |
As Baleas |
Esteirana |
0-5 |
Dumbría |
Fisterra |
- |
Baio |
Cabana |
11-1 |
Muxía |
Ponteceso |
2-5 |
Santa Comba |
Cee |
6-0 |
Coristanco |
Ligas de Veteranos
Partidos atrasados
Zas |
0-3 |
San Román |
Corcubión |
3-1 |
Bértoa |
Vimianzo |
3-1 |
Bergantiños |
Máis información
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).