Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Preferente: Sorpresa en Fontenla para abrir o ano

Preferente: Sorpresa en Fontenla para abrir o ano

Sorpresa a que vivía Fontenla na tarde de onte nun encontro no que o Soneira sorprendía a un Santa Comba que aínda mantén prazas privilexiadas. Os de Miguel conseguiron 3 puntos fundamentais para seguir subindo posicións, e xa saca 4 puntos ao Ribadeo, que marca o descenso.

Polo demais, o Xallas daba unha alegría vencendo ao Unión, pero o Dumbría non podía cun potentísim Boiro. Ambos seguen en zona morna.

Santa Comba - Soneira (0-2)

  • SANTA COMBA: Diego, Chinda (Oscar, min.62), Angelo, Roberto Moedo, Gonzalo, Jota, Toni, Julián, Pablo Baña, Noli e Colón (David Blanco, min.46).
  • SONEIRA: Fran, Ferreiro, Pablo, Víctor Vecino, Martín, Santi, Víctor García (Mauro, min.89), Míchel, Quique (Brais, min.56), Vía (Manuel, min.93) e Javi (Iago, min.56)
  • Goles: 0-1, min.9: Vía; 0-2, min.88: Iago.
  • Expulsión: O defensa local Angelo (min.78) con cartón vermello directo, pese a ter xa un cartón amarelo, por protestar un cobadazo de Vecino que o colexiado non veu pero que lle produzo unha brecha.

Quizais non era o campo máis propicio para sacar puntos o Soneira e unha vitoria menos, pero un partido moi serio dos de Miguel fixo que sacaran tres puntos importantísimos.

Logo dun Nadal de cambios, o Soneira chegaba coas baixas definitivas de Modesto, Mario Toja e Jorge Vigo e coas novas incorporacións de Martín e Javi e que foron da partida de comezo. O central uruguallo Martín, que estaba sen ficha no Montañeros, cuajou un moi bo partido e deulle unha aire fresco a defensa soneirán, mentres que o dianteiro Javi, procedente do Sada, mostrouse moi combativo e pode ser un bo complemento de axuda a Vía que vai medrando partido tras partido e marcando goles decisivos para os blancos. O Santa Comba contaba con baixas importantes, entre elas a de Doro, tentou levar o peso do choque, pero non foi capaz de penetrar con perigo na área visitante.

O guión foi perfecto para os soneiráns, comezaron adiantándose cedo no marcador, un centro por banda dereita de Ferreiro é rematado de cabeza por Vía, o balón vaise ao longueiro e moi listo o dianteiro vai a polo rexeite e sube o primeiro gol ao marcador. Julián foi o motor dos xalleiros, pero a medida que foron pasando os minutos máis rivais tiña preto del constantemente e non daba contactado cos seus compañeiros claramente e tiña que optar por accións individuais que acaban con remates forzados.

Na segunda metade, nada máis comezar os locais tiveron a mellor opción do partido para igualar e cambiar o sino do encontro, Toni no man a man con Fran, tíralle o balón ao peito e o rexeite volve para el tendo que mandar a córner o meta. A partir de aí non houbo ocasións moi claras de gol para os locais, a pesar de que tiña máis posesión de balón, pero os brancos cunha presión moi intensa non concederon ocos de perigo. O Santa Comba obtivo o empate no minuto 86, pero o xuíz de liña invalidou o gol de Noli, moi protestado pola parroquia laranxa. Trala expulsión de Angelo, o Soneira, a contra, creou bastante perigo coas entradas por banda esquerda de Brais, pero na parte final non eran ben culminadas. Xa a rentes do final un roubo de Iago, nun pase entre centrais locais deixouno só ante Diego e bateuno de tiro raso.

Ao final os puntos foron para o máis necesitado, mentres que o Santa Comba descolgase a 4 puntos dese segundo posto que dá o acceso directo a Terceira División.

Unión - Xallas (1-2)

  • XALLAS: David, Rubio, Iván Forján, Martín Barreiro, Álvaro Antelo, Ricardo, Álvaro Cancela (Alexandre, min.72), Rubén Forján, Adrián Beiroa, Luís, Iván Amor (Aitor, min.81).
  • Goles: 0-1, min.28: Rubén Forján dende 40 metros; 0-2, min.81: Adrián Beiroa a pase de Alexandre; 1-2, min.91: de falta.

Empeza ben o ano cadro verde tras unha minipretemporada tremenda que prantexou o míster Iván Cancela. Foi este un partido reñido que comezaba con bastante respeto, cun Xallas bastante plegado e serio atrás, defendendo ben os segundos balóns ante o xogo directo dos locais. Peor nesto apareceu Rubén Forján, que asinou o terceiro golazo en 3 partidos para lanzar un disparo dende 40 metros que sorprendeu ao meta local.

0-1 pero seguíu o Unión aprentando por arriba, poñendo en problemas á defensa xalleira, que así e todo se mantivo moi firme. Na segunda metade tocaba sufrir, e os locais tiveron varias ocasións pero enfronte estaba David parando atra 3 balóns imposibles. Tamén o Xallas tivo a súa, e Martín Barreiro mandou ao longueiro nunha xogada ensaiada que puido singificar a sentencia. E ese tanto tranquilizador non chegou ata 10 minutos para o final, cando Beiroa remata un balón atrás de Alexandre para pechar o partido. Antes do final o Unión recurtaba pero o partido nunca perigou para os verdes.

Boiro - Dumbría (5-0)

  • DUMBRÍA: Juan, Iván (Jesús, min.70), Isma, Aaron Fernández, Suso, Aaron López, Pirri, Schuster (Martín, min.70), Iago, Eloy (Luis,min.46), Alberto (Cacho, min.46).
  • Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.40; 3-0, min.50; 4-0, min.65; 5-0, min.70.

Non volveu fino o Dumbría despois do parón do Nadal e sucumbíu ante un dos de arriba. I é que este Boiro é moito Boiro, e xa presiona ao Santa Comba e Laracha na loita polas prazas de arriba.

Tras unha primeira parte bastante aburrida, con poucas chegadas nas que o Dumbría mantivo o pulso, o segundo gol antes do descanso e o terceiro á volta decidiron o choque. A segunda metade foi de trámite cun cadro local moi forte.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios