Domingo. 12.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee recupera o ton e o Ponteceso desaparece

1ª Autonómica: O Cee recupera o ton e o Ponteceso desaparece
Comeza o 2012 e as sensacións non son as mellores para os nosos equipos na 1ª Autonómica. Se ben o Ponteceso non aparecía no campo do Estudiantil e permitía unha severa goleada, o Cee recuperaba algo o ton e non se deixaba gañar nun partido de vilta importancia. I éque o Imperátor é agoora o cadro que marca a salvación, e segue, tralo empate de onte no exilio de Ara Solis, a 4 puntos dos ceenses.

Cee - Imperator (1-1)

  • CEE: Parroto, Rubén, Luis (Jorge, min.67) Julio, Rafa, Fermin (Llanero, min,80) Fer (Isma, min.55) Piquero (Mario, min.57) Tasky, Angel, Nico.
  • Goles: 1-0, min.Tasky; 1-1, min.15.
Saíu o Cee mentalizado da importancia deste partido na loita pola permanencia, e Ángel na primeira chegada xa avisaba nada máis comezaron. De contado, Tasky, a pase entre lineas de Fermín, gañaba as costas á defensa coruñesa e anotaba o gol ceense. O Imperátor buscou a portería ceense primeiro Birlo cun tiro afastado que intentaba sorprender a Parroto, e na seguinte xogada un tiro desde a esquina da área que parece que toca en alguén, engana a Parroto e se cola na rede ceense conseguindo o empate. Tras este intercambio de golpes iniciais, respondería o Cee cun balón baixado por Tasky que Angeliño empala e manda por riba do traveseiro. O Imperátor seguía creando moito perigo coas internadas de Jejo ao que Birlo buscaba todo o partido. Pero o Cee non se rendía e tamén amenzaba a meta visitante. Antes do descanso o Cee volveu ter unha clara ocasión, nun saque de falta que Fermín toca no segundo pau e o balón se pasea por diante da área. A segunda metade foi de demasiado respeto, xa os que puntos valían ouro e ninguén quería perder.

Estudiantil - Ponteceso (5-0)

  • PONTECESO: Norberto (Diego, min.75), Dani Pallas, Ramón, Rubén, Carlos Mato, Tucho (Salva, min.75), Josito, Mendieta (Nando, min.65) Luisete, Alberto Recarey (Adrián, min.60), Alex Trigo (Fabián, min.46).
  • Goles: 1-0, min.25; 2-0, min.40; 3-0, min.55; 4-0, min.70; 6-0, min.80.
  • Expulsión: o pontecesán Rubén (min.30).
Demasiada comodidade tivo o Estudiantil para barrer do campo ao Ponteceso. Un cadro bergantiñán que nunca estivo a altura e que tralo primeiro gol e a expulsión de Rubén desparecía do campo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios