Sábado. 11.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: As cousas continúan como acabou o 2011

2ª Autonómica: As cousas continúan como acabou o 2011

Volvía a Liga da Costa para pechar a primeira volta e poucas cousas cambiaron dende finais do ano pasado. Por arriba non fallan nin Club do Mar, nin Camariñas, nin Fisterra. Pero tampouco o fai o Baio, que segue impresionante na 4ª praza. Preto mantense un Corme tremendo tamén, mentres que o Malpica, que recuperaba as boas sensacións ante o Mazaricos, xa supera a un Muros cunha ristra de malos resultados.

Por abaixo, só e novo Zas de Corredoira sumaba de entre os 5 de abaixo. Pois xa hai unha fenda de 4 puntos entre Castriz (13º) e Mazaricos (14º). Cun Pindo afundido, xalleiros e mazaricáns loitarán con Nantón e San Lorenzo por evitar a segunda praza (e posiblemente unha terceira que chegará por arrastres). Pero ollo ao Dumbría B e o Corcubión, que non se poden despistar.

Malpica - Mazaricos (3-0)

  • MALPICA: Suso; Charly, Víctor, Andrés, Marco, (David Álvarez, min.83), Rancaño, Neucha, Cheo, (Avelino, min.73), Daniel, (Dani, min.68), Tato, (Iago, min.59), Pablo.
  • MAZARICOS: Juan, Casais (Nakata, min.46), Marcos, Matías, Tuco (Brais, min.30), Ramón (Chico, min.46), Aldo (Ferreiro, min.70), Esteban Pereiro, Cristian (Kevin, min.30), Oreiro, Estéfano.
  • Goles: 1-0, min.20: Tato; 2-0, min.50: Andrés dende a frontal; 3-0, min.90: Pablo a media volta.

Moi superior o cadro malpicán a un Mazaricos que nunca acolleu o seu mellor nivel e que pagou os excesos de nadal. De feito, puido caer unha goleada maior cara o bando local.

Saíu o Malpica de David Baña presionando moito, sen deixar que os de Periscal sacasen o balón xogado. Roubaban rápido e pronto se puñan diante de Juan, demostrandoo potencial que teñen arriba. Cómpre destacar a boa actuación do debutante no Malpica Tato, que xogou arriba moi ben controlando e baixando os balóns ademais de asinar o primeiro tanto.

Fisterra - San Lorenzo (5-1)

  • FISTERRA: Didi, Borja (Pana, min.75), Nico, Gus, Piti, Cote Juvenil, Eddy (Juan de Elvira, min.90), Marco do Cabo (Roa, min.60), Guardiola (C. Hidalgo, min.80), Tata (Mané, min.70), Rubén Insua
  • SAN LORENZO: Recarey, Puñal, Canteiro (Miguel Varela, min.30), Adrián, Javi Varela, Fuentefría, Quillo, Santi, Carliños, Bolón, Eloy.
  • Goles: 1-0, min.3: Tata; 2-0, min.45: Quillo, en propia meta; 2-1, min.50: Carliños; 3-1, min.66: Roa; 4-1, min.75: Rubén Insua; 5-1, min.85: Cote.

"Isto ten cambiar", valora o técnico de Verdillo Chema Eirís tralo remate do primeiro encontro do ano. I é que malia as 8 e importantes baixas do San Lorenzo eran unha clara lacra para visitar ao 3º clasificado, o Fisterra.

Un Fisterra que soubo controlar os tempos, e que marcou en minutos clave: no primeiro e último da primeira parte. Na segunda ata o gol visitantes foi un partido con idas e vidas. O resultado final resulta algo enganoso porque o Fisterra meteu os últimos 3 goles nos últimos 10 de partido cando o equipo visitante estaba máis cerca do empate. O Fisterra non atopou a tranquilidade no marcador ata os últimos minutos pero aínda así deixa constancia da súa pegada de do seu potencial para non deixar escapar aos dous de arriba. As súas 9 xornadas sen perder así o avalan.

Club do Mar - Nantón (3-0)

  • CLUB DO MAR: Iago Dans (Gonzalo, min.75), Chori, Repi, Chechu (Luis, min.46), Fran Borrazás, Juan Lareo, Johny, Jacobo (Diego, min.65), Bertín (Santi Silva, min.46), Manu (Isaac, min.65), Vituco.
  • NANTÓN: Bonano, David Lareo, Diego, Félix, Sito, Carlos Vidal (Iván, min.76), Martín (Eloy, min.80), Fabio, Cristian, Manolo do Cruceiro, Luis.
  • Goles: 1-0, min.25: Jacobo de cabeza; 2-0, min.35: Jacobo; 3-0, min.35: Jacobo.

En 10 minutos do ecuador do primeiro tempo sentenciou o choque o Club do Mar. 3 tantos de Jacobo acaban co partido aínda con toda a segunda metade por diante. Segue infranqueable este clube caionés a polo título.

Dumbría B - Zas (0-0)

  • DUMBRÍA B: Sergio, José Manuel, Samuel, David Carreira, Miguel Poyo (Adrián Pereira, min.70), Riki (Esteban,. min.50), Yerai, Rodrigo, Toni (Ivanete, min.80), Dani Picallo.
  • ZAS: Damián, Mancebo, Óliver, Pereiro, Lagoa, (Jaime (Diego, min.60), Ramón (Pichín, min.80), Juan, Rubio (Dani, min.85), Peque (Pastor, min.88), Pablo Muíño.

Nótase xa a man de Corrredoira neste novo e aguerrido Zas. Cunha defensa seria e forte, e con novos bríos os zaenses sacaron un puntiño do Conco, nun partido, a pesar do marcador, bastante aberto, con ocasións, pero sen acerto. Ata 4 tiros ao poste, dous por bando (un de Dani Picallo e Toni por bando dumbriés, que tiña ata 5 xuvenís na convocatoria; e Lagoa e Juan por bando zaense) non serviron para romper a igualada.

Esteirana - Muros (3-1)

  • ESTEIRANA: Beni, Simón, Varela (Suizo, min.65), Chispi, Adelino, Eloy, Uru (Adrián, min.65), Pichu (Isma, min.60), Alex, Cajulo, Roberto Pladur.
  • MUROS: Lupi (Trozo, min.50), Mingos, Marco, Mayuyo, Gael, Teo, Alberto (Kiko, min.46), Dani, Gelo (Jesús, min.60), Sexo, Óscar.
  • Goles: 0-1, min.15: Mayuyo de falta; 1-1, min.40: Cajulo; 2-1, min.75: Cajulo; 3-1, min.90: Cajulo de volea.
  • Expulsión: Eloy da Esteirana.

Derbi muradán intenso, con máis de 500 persoas nas bancadas e un ambiente estupendo, só salpicado por un pequeno pique sen importancia ao final. A Esteirana sacou 3 puntos cos que se achega a un Muros que mira xa dende lonxe a 4ª posición que mantiña hai escasas semanas. E iso que saía moi forte o equipo de Sil, e se adiantaba gracias a unha falta do seu central-pichichi Mayuyo.

O Muros dominaba o control do partido e a Esteirana parecía desaparecida ata que apareceu Cajulo para espertala antes do descanso. Vital tanto o do dianteiro esteirán, pois permitiu que o cadro local saíse convencido no segundo tempo, e a pesar de que o Muros controlaba máis o balón, agantou media hora sen permitir o gol e conseguiu completar a remontada cunha boa xogada colectiva que remataba Cajulo e cunha volea dende 30 metros espectacular.

Corme - Castriz (3-1)

  • CORME: Suso, Abel, Jesús, Adolfo, Diego, Alejandro, Gonzalo (Martinciño), Lucas (Chino), Adrián Doldán (Antonio), Juan, Iago (Eloy).
  • CASTRIZ: Herrera, Gerpe, Sergio, Jose Antonio, Alex, Toniño, Rubén, Michi, Pablo (Jonathan, min.60), Martín (Jorge, min.70), David Agra e Sebas.
  • Goles: 0-1, min.60: Toniño; 1-1, min.70: Iago; 2-1, min.75: Juan; 3-1, min.85: Lucas.

Partido estrano no Cairo, que comezaba lento e con respeto. Tras unha primeira igualada e sen sobresaltos, o Castriz se puña por diante por medio de Toniño. Pero non se fixo esperar a reacción cormelá e en 15 minutos, Iago, Juan e Lucas daban a volta ao marcador e deixaban os 3 puntos na casa. Segue así o Corme nunha posición máis que privilexiada, 5º con 30 puntos, mentres que o Castriz non se pode despistar pois está 13º pero con 19 puntos, só 6 máis que o San Lorenzo, equipo que marca o descenso.

Sofán - Corcubión (0-0)

  • SOFÁN: Richard, Juanjo, Diego (Edy, min.65), Miniño, Pensado, Eloy Boedo, Iván Rey, Suso Docampo, Abel, David Pensado (Jacobo, min.75) e Berti (Alemán, min.46)
  • CORCUBIÓN: Andrés, Jose, Senra, Sergio Manín, Conguito, Sebas, Papi, Lourido (Sergio, min.85), Camacho, Johny e Miguelón (Edu, min.65)

Partido igualado e con alternativas que puido gañar calquera. I é que este Corcubión non é o mesmo que o de comezo de temporada e xa se amosa moito máis seguro. Prantexou Manín un partido dende a defensa, cunha muralla ben firme e intentando saír á contra. Así chegaba unha das mellores ocasións do partido pero o meta sofanista desbarataba acción de Miguelón. Pechábase a primeira con lixeiro dominiou local pero cun Corcubión moi ben armado.

Na segunda mellorou o Sofán, que tomou o mando e arrinconou ao Corcubión, que en ningún momento se descompuxo. Máis ben todo o contrario, pois os de Manín reafirmaban a súa seguridade defensiva. Abel e Berti puideron asinar o gol da vitoria pero ao final non se moveu o marcador.

Camariñas - O Pindo (2-0)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Carlos, Maikel, Dani (Diango, min.80), Ogando (Javi, min.50), Paco, Moriño, David, Brais (Isma, min.85), Juan oBello, Leo.
  • O PINDO: Diego Garrido, Juan de Fisterra, Javi Conexo, Diego Trillo, Juan de Dios, Manolito, Hipo, Andrés, Vilela, Lolo, Riolo.
  • Goles: 1-0, min.30: Leo; 2-0, min.60: Leo.
  • Expulsión: Javi Conexo do Pindo (min.80).

Dous goles de Leo (xa van 22) serviron para que o Camariñas solventara a papeleta de vencer ao pechacancelas. E iso que os carnotáns aguantaron moitos minutos e non deron por perdido o partido ata a hora de xogo a pesar de chegar con 11 xustos ao Hermanas Patiño.

Na primeira, antes do tanto de Leo, os visitantes estiveron a piques de porse por diante por medio de Riolo. Pero pouco a pouco o Camariñas foise facendo co control do partido e das ocasións. Só contra o final unha tangana que acabou coa expulsión de Javi Conexo, empañou o partido.

Baio - Buño (4-0)

  • BAIO: Manuel, Mario, Iván (Fredi, min.85), Martín, Matías, José Antonio, Alberto (Valentín, min.60), Iago, MC, Canai (Rubio, min.55), Javi Suárez.
  • BUÑO: Toni, Ángel, Diego, David Secundino (Óscar, min.70), Brais, Jorge, Ismael, Emilio (Rubén, min.60), Miguel Dourado (Juanjo, min.46), David Dourado, Víctor (Richard, min.40).
  • Goles: 1-0, min.10: MC; 2-0, min.70: Javi Suárez; 3-0, min.75: MC; 4-0, min.85: MC de penalti.
  • Lesión: o punta de Buño Vïctor cun pinchazo.

Comezou moi forte o cadro local, aproveitando as grandes dimensións do Platas Reinoso, e se adiantaron moi pronto. Mesmo puido aumentar a renda o Baio pero Toni estivo fino na meta visitante. O Buño intentábao nalgunha contra pero sen demasiado perigo.

Na segunda parecía que o Buño ía polo partido, e por momentos estaba o empate máis preto que a sentencia. Sen embargo, pero cando mellor estaba o Buño, chegou 0 2-0 que acabou co partido. A partir de aí pouco máis, cun cadro local que mataba o partido á contra e de penalti.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios