Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Malas prácticas

Xuvenil Sur: Malas prácticas
Esta xornada 11 vén marcada por unha tangana vivida no Municipal de Vimianzo no encontro entre Soneira e Fisterra. Tras un choque de garra e empuxe unha tangana acabou cun rapaz inconsciente que tivo que ir ao Hospital. Sen querer facer mella nestes incidentes puntuais, parece que a obriga de todos os equipos debe ser tan importante en materia educativa como meramente futbolística, e hai que traballar para erradicar esta clase de condutas nos terreos de xogo, e máis nas categorías inferiores. Xa facendo un repaso ao deportivo, unha das cousas que se nota na categoría é a grande diferencia entre os de arriba e os de abaixo, como o corroboran as 6 goleadas entre as dúas Ligas. Entrementres o Cee segue ao seu e os 4 perseguidores loitan con tan só 1 punto de diferencia entre eles. Aí está a Liga, por ver quen queda sen clasificarse para a promoción.

Mazaricos - Corcubión (0-3)

  • CORCUBIÓN: Abe, Adrián, Chema, Antonio, Pablo, Lema, Javi (Iago, min.87), Sergio (Mario, min.75), Iván, David e Gabi.
  • MAZARICOS: Rubén, Francisco, Esteban, Alvaro, Mario Carballo (Adrián Blanco, min.82), Alberto, Mario Blanco, Adrián Paris (J. Manuel, min.82), Adrián Cives, Mario Nuñez e Alejandro.
  • Goles: 0-1, min.6: Lema tras pase de David en profundidade; 0-2, min.25: Lema dende o lateral da área; 0-3, min.30: David de falta dende a frotal.
  • Expulsións: Chema no minuto 32 por agredir a 2 contrarios polo Corcubión e Molinos na mesma xogada e o adestrador por protestar polo Mazaricos.
  • Lesión: o mazaricán Esteban cun nocello tocado.
Duelo de equipos da zona baixa da táboa necesitados de puntos. Na primeira ocasión, David dalle un pase o oco a Lema para que este encarase a Rubén e fixese o 0-1 aos 6 minutos de comezar. A afección pedía fora de xogo na xogada pero o árbitro non sinalou nada, o que fixo que varios afeccionados estivesen insultando ao colexiado durante todo o encontro. Continuou dominando o Corcubión pero o Mazaricos non se ven abaixo e buscou a remontada con varias ocasións dos seus xogadores. Pero no minuto 25 outra vez Lema, esta vez a pase de Iván, mandaría o balón o fondo das mallas dende o lateral da área grande. Nunha perigosísima falta ao borde da área que lle costou o cartón amarelo a Álvaro por empurrar a Gabi unha vez xa detido o xogo, David marca o que e o seu terceiro gol nos últimos 4 encontros, todos eles a balón parado. No minuto 32 chegaría a xogada clave do partido, unha tangana que remataría con 2 expulsados, un de cada equipo, ao golpear o mazaricán Molinos na faciana de Pablo nunha xogada sen balón, nesa mesma acción o corcubionés Chema agrediu a 2 xogadores locais ao ver tal acción sobre o seu irmán. Nos últimos intres da primeira metade cabe destacar unha internada de David con paredes con Lema que acaba nas mans do porteiro local. Comezou a segunda metade con frío debido a desaparición do sol que estivo durante a primeira metade. Seguiron as ocasións para ambos equipos pero con mais chegada por parte do Mazaricos que do Corcubión. Nos últimos instantes do encontro tivo que entrar o porteiro suplente visitante debido a lesión de Javi o que fixo que Abe, porteiro titular, pasase a xogar de xogador xa que Alfonso só dispoñía de 13 xogadores. Non se movería máis o marcador no Campo de Futbol Municipal da Picota.

Soneira - Fisterra (1-2)

  • SONEIRA: Víctor, Cristian Álvarez (Robi, min.55), Pichón, Héctor, Curra, Cachi, Toja, Canosa (Kevin, min.65), Picachu, Richi e Efreim (Capote, min.50).
  • FISTERRA: Ángel, Roberto, Javi (Cartamil min.75), Noé, Bruno, Rubén, Gabriel, Champi, Hidalgo, Manuel e Suárez (Gonzalo, min.85).
  • Goles: 1-0, min.17: Picachu; 1-1, min.40: Bruno; 1-2, min.60: Manuel.
Partido tenso, bonito e emocionante, que acabou de mal xeito. Unha tangana contra o final deixa un mal sabor de boca. Con responsabilidades repartidas tanto para uns como para outros, a tangana acabou cunha patada na cabeza ao porteiro local Juan, que o deixaba inconsciente tendo que ir ao hospital. Afortunadamente non foi a máis a cousa, pero malia que ambos clubes queiran quitar ferro ao asunto, é importante deixar claro que estas condutas non son positivas para o fútbol da Costa. Ao parecer, malia non haber expulsados, o colexiado apuntou na acta o acontecido. Haberá que esperar pois o parte de sancións, pero deberían ser tamén os propios clubes os que puxeran orde entre os seus xogadores. No meramente deportivo, o Soneira comezaba mandando aproveitando a pouca intensidade defensiva visitante. Aínda que despois do gol pareceu reaccionar o Fisterra e meter unha marcha máis conseguindo finalmente remontar. Iso si, contra o final, o Soneira dispuxo de dúas boas ocasións de Capote e Pichón, que non conseguiron empatar.

Santa Comba - Dumbría A (5-0)

  • SANTA COMBA: Couto, Landeira (Marcos, min.75), Alberto, Dani Martínez, César, Diego Maneiro, Styven (Fran, min.70), Jordi (Luís, min.55), Miguel (Javito, min.46), Marquiños (Josito, min.60) e Iván.
  • DUMBRÍA A: Aitor, Roi (Rubén, min.75), Dito (Blanco, min.55), Adrián Ozón, Samuel, Jose, Javi, Martín, Rafa (Damián, min.55), Israel (Antón, min.65) e Marco (David, min.75)
  • Goles: 1-0, min.20: Marquiños nunha boa xogada individual; 2-0, min.40: César de cabeza a un córner; 3-0, min.50: Javito en xogada individual; 4-0, min.60: Iván tras un pase longo de Diego Maneiro; 5-0, min.78: Iván tras un erro do meta rival.
Recuperou a senda do bo xogo e da seguridade defensiva o Santa Comba de Huelvis, e foi superior ao Dumbría A, malia que custou abrir a lata. Só contra o final, e xa co partido sentenciado, o Dumbría B inquedou a meta xalleira pero Couto gardou ben as mallas.

Outes - Muros (5-0)

  • OUTES: Jona, Rafa (Mosto, min.55), Sergi, Juan, Alex (Pedrosa, min.69), Maduro (Chía, min.46), Babu, Edu, Elías (Pesi, min.55), Piti e Oliver (Nine, min.6).
  • MUROS: Trozo, Minos, Malaca, Damián, Diego, Moncho, Javi Pakola, Alberto, Samuel, Santi Berberecho, Adrián Docabo. Tamén xogaron Sergio e Iván.
  • Goles: 1-0, min.9: Elías, recibe un pase en longo do seu porteiro e tras dúbida do porteiro rival marca; 2-0, min.30: Edu, de falta directa; 3-0, min.32: Elías, nunha contras tras pase de Edu; 4-0, min.54: Elías, define no man a man tras pase de Nine; 5-0, min.64: Chía, remata de cabeza un córner sacado por Nine.
Partido bastante soso pero disputado, que foi un monólogo do equipo local, iso si, sen demasiado xogo. O Outes mesmo se permitiu fallar un penalti, fíxoo Edu e o meta visitante Trozo detívollo (min.40). No segundo metade o Muros de Nieto mellorou e botou todo para intentar prantar cara a este potente Outes.

Cee - Esteirana (6-1)

  • CEE: Iván (Abraham, min.75), José Ramón, Tonecho, Jesús, Aitor, Lamela (Carlos, min.55), Sergio, Tebo (Rubén, min.60), Cibrán, Pablo (Uri, min.50) e Chiru (Brais, min.70).
  • ESTEIRANA: Matías, Meco, Eloy, Pedro, Diego, Ángel, Español, David, Djamber, Adrián e Caramés (Pablo).
  • Goles: 1-0: José Ramón; 2-0: Lamela; 2-1: David; 3-1: Lamela; 4-1: Chiru; 5-1: Pablo; 6-1: Chiru.
Partido sen cor ao que a Esteirana chegou con moitas baixas. O encontro tivo como incidencia inicial a non comparecencia do colexado, o que obrigou á Federación a chamar ao local Goyeneche. O Cee marcou pronto o 3-1 que sentenciou o partido malia que os esteiráns recortasen o 2-0 inicial dos de José Carlos. Na segunda metade, os ceenses non perdoaron a goleada.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios