Xuvenís: Aínda queda emoción no sur


Faltan só 2 xornadas para o final e se polo Norte xa parece todo decidido, no Sur aínda hai vida. O Cee podería aproveitar un posible tropezo do Fisterra en Dumbría a vindeira semana e colarse entre os 3 primeiros. Iso si, un empate lle vale ao Fisterra para quedar 3º (sempre que gañe na última xornada ante o Soneira) por ter mellor golaverage individual cos ceenses. Un empate que lle vale tamén ao Dumbría para quedar campión de Liga, pero coñecendo a profesionalidade dos adestradores Pablo Conde e Nando non parece que vaia haber acordo. O choque, sábado ás 12:00h en Ara Solis.
Unha xornada que chega con polémica, pois o Corcubión xa recurríu o partido por posible aliñación indebida da Esteirana, como comentamos abaixo.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 16

O partido da xornada xogábase en Fontenla e o XSC non deixaba que o Fisterra sacase nada positivo. Con esta vitoria os xalleiros quedan 2º, a 3 puntos do Dumbría, virtualmente clasificado para a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega.
O que certificou o seu pase foi o Dumbría, vencendo ao Mazaricos non sen sufrimento. Os mazaricáns prantaron cara ata o último suspiro pero os tantos de Cristian e Ramón non foron suficientes para anular os que asinaron José, Kevin (dende o medio campo) e Roi.
Pola súa banda, o Cee non tivo piedade do Soneira e os goles de Cibrán (2), Lamela (2), Pablo e Andrés completaron o set.
No derbi sureño, o Outes vencía con dificultade ao Muros e o supera na táboa.
A nova salientable da xornada é o Corcubión vai recurrir o 6-1 por doble aliñación indebida da Esteirana, na que supostamente xogou Adrián Abeijón, que estaba sancionado.
Xallas StComba - Fisterra (2-0)

- XSC: Iván Couto, Cristian, Josito, Dani Martínez, Roberto, Estyven (Fabián, min.75), Diego Maneiro, Miguel (Tefi, min.60), Landeira (Sergio Barbeira, min.70), Marquiños, Iván (Jordi, min.75).
- FISTERRA: Ángel, Cartamil, Antonio, Ángel Cadete, Abel, Javi, Hidalgo, Noé, Manute, Manuel, Bruno. Tamén xogaron: Suárez, Adrián, Gabriel Pazos, Crivillé, Josema.
- Goles: 1-0, min.40: Cristian pola escuadra; 2-0, min.60: Iván de cabeza tras unha falta de Diego Maneiro.
Vitoria xusta ante un Fisterra que non se fixo co campo e que estivo demasiado feble na parte traseira. Os locais dominaron o tempo do partido e as mellores ocasións tiñan color laranxa, pero o Fisterra prantexou batalla en todo momento, nun campo demasiado enlamado para o seu xogo.
Na primeira metade controlou un pouco máis o Fisterra, pero non estivo contundente atrás. Marquiños avisara cun man a man e o Fisterra respostaba cun 2 contra 1 que solventou Iván Couto. E cando faltaba pouco para o descanso se puña o partido de cara para os locais cando Cristian marcaba pola escuadra.
Na segunda abriuse máis o partido e o XSC estivo lixeiramente por riba fisicamente. O gol permitiulle aguantar atrás e buscar contras e profunidade polas bandas. Sergio Barbeira tivo dúas, pero mandou ao pao e outra marchou fóra por pouco, e foi Iván, de cabeza tras un internada de Diego Maneiro, o que asinaba o segundo tanto.
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 16
Parece que 5 puntos a falta de 2 xornadas son demasiados para que o Baio lle recurte ao Malpica na loita pola 3ª praza. Na xornada non houbo enfrontamentos directos e os 5 da metade de arriba da táboa venceron, con comodidade aos de abaixo.
O Baio vencía 2-5 en Camariñas, mentres que o Malpica que sumou os 3 puntos sen necesidade de xogar, pois o Zas non puido xuntar efectivos e non se presentaba en Pedra Queimada, quedando o 3-0 no marcador final.
Outro que non tivo piedade foi o Ponteceso co seu veciño Corme. Foi un derbi máis fácil que o da primeira volta para os de Mato, con 3 goles de Brais, que ademais só xogou a segunda metade. Cristian e un tanto en propia meta completaron a goleada./p>
O único que sufríu foi o Cabana ante o Laxe, a pesar do que indica o resultado (7-1). O partido marchou 0-1 ao descanso cun gol de Elías, e cun Cabana pouco metido no partido. Pero na segunda, os de Carracedo sacaron o rodete e endosaron 7 en 45 minutos, con 3 tantos de Alessandro, 2 de Iván Mato, 1 de Cristian Varela, outro de Redondo e outro de Moreno.
Máis información
Máis información
Crónicas de Xuvenís
- Xornada 15: Xuvenís: Cee e Baio descólganse.
- Xornada 14: Xuvenís: Xornada incompleta.
- Xornada 13: Xuvenís: Todo segue igual.
- Xornada 12: Xuvenís: O Cabana bate co Malpica.
- Xornada 11: 4 equipos en loita en cada liga.
- Xornada 10: Apretado no sur e fenda no norte.
- Xornada 9: Xornada quente.
- Xornada 8: Rotando o liderato.
- Xornada 7: O Fisterra fai prevalecer o verde.
- Xornada 6: Os favoritos seguen situándose.
- Xornada 5: Empate a 0.
- Xornada 4: Os favoritos toman posicións.
- Xornada 3: O XSC embálase no sur e a igualdade reina no norte.
- Xornada 2: Moita igualdade no comezo da campaña.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Os de arriba xa sofren e o resto loitan por entrar entre os 6 primeiros.
- 2ª Autonómica: O Baio supera ao Sofán.
- 1ª Autonómica: Mala xornada para os nosos.
- Preferente: O XSC métese no podio.
- Resultados da penúltima xornada do 2012.
Artigos deportivos
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con Dani Rosalía.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).