Unha Andaina dende Vimianzo e Ponteceso ata o Xurés


Continúa en marcha o programa de Andainas, pero desta volta sae da Costa da Morte para seguir coñecendo Galicia. Os concellos de Vimianzo e Ponteceso deseñan unha completa fin de semana polo Parque Natural da Baixa Limia, na Serra do Xurés, en Ourense, para os amantes da natureza e do sendeirismo. A excursión será a fin de semana do 22 e 23 de xuño, e as prazas xa se están agotando.
Trátase dunha fin de semana completa, con durmida no albergue O Corgo, no concello de Muiños, puidendo disfrutar de varias visitas culturais así como da natureza no seu estado puro coas sesións de sendeirismo.
Unha ruta moi completa

Así, o programa inclúe visitas guiadas ó Aquis Querquennis (campamento romano do s.I), á Igrexa Visigoda de Santa Comba de Bande, do s. VII (unha das máis importantes de Galicia), ou o forno comunitario de Tourem (Portugal), de 1868.
Así, o sábado tocan 3 andainas curtiñas:
- Ruta dos muíños do río Vilameá (1,6 km). Neste curto espazo concéntranse un total de 12 muíños e unha ponte medieval.
- Ruta de Pitoes das Junias (Portugal, 4,5 km) onde poderemos contemplar a fermosa fervenza de Pitoes e as ruínas dun fermoso mosteiro do s. XII.
- Ruta de Corga da Frecha (Lobios, 4,5 km). Nesta andaina poderemos visitar unha das fervenzas máis altas de Galicia, cunha caída total de 200 m. e os restos dunha mansión romana, onde se poden apreciar o sistema de calefaccións da época.
O domingo toca a andaina máis longa:
- Ruta de Padrendo (Lobios, 11 km) unha bonita, aínda que exixente andaina, na que poderemos ver muíños restaurados, antigas bodegas escavadas na montaña, fermosas vistas panorámicas e outras sorpresas.

Máis información e inscrición
A cota de inscrición é de 50€ (a pagar no momento da inscrición) e nela está incluída as visitas guiadas, o aloxamento en réxime de pensión completa (agás a comida do sábado que a debedes levar) e o transporte. O número de prazas será de 52 (26 para Ponteceso e 26 para Vimianzo) e o mínimo de inscritos debe ser de 30.
Está previsto chegar de volta á Costa sobre as 20:00 h. do domingo. E xa podedes descargar toda a información no folleto informativo e inscribirse nos dous concellos antes do mércores 19 de xuño.
- Concello de Vimianzo: Andainas 2013. Coñece Galicia: Parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.
Novas relacionadas
- Sendeirismo por aquí e acolá.
- O V Encontro Monte Pindo faranos disfrutar do sendeirismo, historia e gastronomía.
- Natureza, historia e etnografía facendo sendeirismo por Malpica.
- Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- De ruta en ruta polo litoral costeiro.
- O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- As Andainas invaden a Costa da Morte.
- Coa primavera comezan as citas co sendeirismo.
- 5 Andainas por Ponteceso, Muxía, Vimianzo, Corcubión e Camariñas para coñecer a Costa da Morte a través do sendeirismo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
Máis novas
- O primeiro Roteiro Natural do Concello de Malpica cumpre 25 anos.
- Os Camiños do Mar lévannos a Ponteceso.
- Xeocaching: En busca do tesouro agochado.
- Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).