As obras do Centro de Saúde de Laxe estarán rematadas na primeira quincena de setembro

08:03 01/08/13

Era unha das protestas máis escoitadas por Laxe. I é que unhas pingueiras no Centro de Saúde non son moi saudables. A Xunta vén de facerse cargo das obras de arranxo e acondicionamento do centro de saúde desta localidade, "a pesar de ser de titularidade local e polo tanto debería ser responsabilidade do concello". As obras empezaban onte, dia 31 de xullo, e o prazo de finalización das mesmas está previsto para a primeira quincena do vindeiro mes de setembro.
Estas obras de acondicionamento, moi necesarias por mor das condicións precarias nas que se atopa o tellado do Centro de Saúde de Laxe, teñen unha inversión de 60.000 €, e a Consellería de Sanidade aproveitou para criticar ao goberno socialista local.
Novas relacionadas
- 17-06-13: A Xunta arranxará o Centro de Saúde de Laxe “malia ser de titularidade local”.
- O BNG de Laxe amenaza con denunciar a Portos se non acomete a obra do dique e a retirada completa dos áridos.
- 07-05-12: O Centro de Saúde de Laxe ao Parlamento Galego e o problema cos áridos ao Valedor.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa da Xunta.