Luns. 04.11.2024
El tiempo

O Círculo de Podemos Laxe tamén presenta alegacións contra os eólicos dos Penedos

Galla da Pena Forcada, á esq., parte dos Penedos do Piñeo (XMLS) copia
Galla da Pena Forcada, á esq., parte dos Penedos do Piñeo (XMLS)
O Círculo de Podemos Laxe tamén presenta alegacións contra os eólicos dos Penedos

A comezos de semana o colectivo Contramínate presentaba un modelo de alegacións para facilitar á veciñanza a súa mobilización contra a invasión eólica, concretamente, da zona dos Penedos de Traba e Pasarela.

Os que veñen de aproveitalos é o Círculo de Podemos Laxe, que vén de rexistrar o pasado día 11 na Casa do Concello, “apoiando ás asociacións da bisbarra”, un escrito de alegacións contra a instalación de dous novos aeroxeneradores no Parque Eólico de Soesto.

O Círculo considera que “a localización de este proxecto supón un atentado á nosa paisaxe e a unha extraordinaria formación xeolóxica como son os Penedos de Traba e Pasarela, e tamén ó impacto sobre a saúde humana e o benestar dos veciños máis próximos”.

Matizan que “o Círculo de Podemos Laxe non se posiciona en contra das enerxías renovables, xa que significan o futuro. Posiciónase en contra dun modelo depredador ao servizo das grandes multinacionais da enerxía, que non só non repercute economicamente sobre a poboación do noso concello, se non que ten graves consecuencias medioambientais, económicas e de saúde.

Voceiro de Círculo de Podemos Laxe: Fernando Del Moral Regaldie.

MÁIS NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

 

NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

Comentarios