O goberno de Laxe aproba unha modificación de crédiro de 740.000€ para varias obras
Aprobou no pleno deste martes o goberno de Laxe, cos votos a favor do PP e as abstencións de BNG e PSOE, unha modificación de crédito de 740.000€ para destinar o remanente de tesourería de gastos xerais a obras e servizos, nomeadamente de saneamento.
O proxecto de execución de redes de saneamento nos núcleos rurais de de Traba (Foxiños, Cernado, Canle, As Melgueiras e Cabanela) leva case medio millón de euros; mentres que a mellora das infraestructuras de saneamento no casco urbano de Laxe, máis de 125.000€.
Hai ademais partidas para melloras de vías.
Se ben a oposición considera esas obras necesarias, abstívose ao considerar que investir en obras 740.000€ dun orzamento de 2,8 millóns “é unha temeridade”, e “falan dun PP en estado puro, obras, obras e máis obras que son as que dan os votos”.
Pregúntanse dende o BNG “que invirten na cultura, no comercio, na promoción turística, no deporte, no patrimonio e noutras moitas materias”.
O PP tamén aprobaba en solitario que unha parte (47.000) desa modificación se destine á retribución de VIAQUA para o exercicio 2022, unha vez que o Concello paga máis por cada metro cúbico facturado tralo cambio de tarifa que se debe aplicar dende o 1 de xaneiro. “Poderíamos afirmar que o PP de Laxe súbelle a auga en exceso á veciñanza, posto que os cartos do remanente tamén son cartos de todxs”, lamenta Xosé Manuel Pose Lema, candidato do BNG.