Laxe convoca á veciñanza para a redacción do Plan de Xestión dos Penedos

Laxe prepara para este venres día 22 de abril de 2022 unha xornada de participación con motivo da redacción do Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba. Será no Salón de Plenos da Casa do Concello, entre as 5 e as 7 da tarde.

O aforo é limitado e a inscripción previa obrigatoria. Tódalas persoas e organizacións interesadas en participar deben contactar coa empresa que está redactando o Plan de Xestión, a través do número de teléfono 981942458 ou da dirección electrónica msalgado@tysgal.com .

NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA