Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos

Presentacion das rutas dos Penedos
Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos

Este venres, os Concellos de Laxe e Vimianzo volvían demostrar a boa sintonía e colaboración entre municipios, coa presentación do folleto de rutas de sendeirismo pola Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.

O alcalde de Laxe, José Luís Pérez Añón, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, así comos os edís e os técnicos de ambos concellos en materia turística, deron continuidade a este completo proxecto de posta en valor da Paisaxe Protexida. Un proxecto que segue agardando polo Plan de Conservación da Xunta.

Os concellos presentaron esta guía en tres idiomas (galego, castelán e inglés), que contén un mapa do percorrido ao longo do cal se sitúan as pedras catalogadas e sinalizadas hasta este momento.

O folleto permite escoller entre tres alternativas de ruta e seguir as indicacións para facela de xeito autónomo. As opcións que se detallarán para as persoas interesadas son as seguintes:

  • Ruta lineal Pasarela – Traba (ou viceversa) de 6,2 km de lonxitude.
  • Ruta circular dende Pasarela, de 7,8 km de lonxitude.
  • Ruta circular dende o Cruce do Bañal de 5,7 km de lonxitude.

Así ambos concellos continúan apostando pola paisaxe e o respecto polos seus valores naturais, pola promoción de programas de educación ambiental da paisaxe, e pola promoción dun desenvolvemento turístico desta zona que sexa respectuoso co medio.

Máis información: Descargar aquí o folleto.

Folleto dos Penedos de Traba e Pasarela 1

Folleto dos Penedos de Traba e Pasarela 2

NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

Comentarios