Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela

A Xunta, a rebufo, anuncia que a semana que vén licitará o Plan de Xestión, tras 12 anos no caixón
Os tecnicos de Vimianzo e Laxe informando da sinalizacion
Os técnicos de Vimianzo e Laxe, foron os protagonistas, xunto coas pedras
Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela

Empurrón sen parangón aos Penedos de Traba e Pasarela. Esta mañá os Concellos de Laxe e Vimianzo presentaron en sociedade o traballo que levan facendo nos últimos anos para aproveitar turisticamente este singular espazo granítico. Unha completa expedición política realizou unha completa andaina para ver, de primeira man a Cachuca, o Pato, a Gadoupa e ata pousar no Trono.

Comitiva nos Penedos de Traba e Pasarela
A expedición estivo formada pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a Concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o concelleiro do Partido Popular, Kiko Calzas; o alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón; o concelleiro de Obras do Concello de Laxe, Eulogio Castiñeira; a concelleira de Turismo de Laxe, Raquel Lema e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo e os técnicos de Turismo de Deportes de ambos Concellos.

Unha experiencia para coñecer a ruta de sendeirismo “Paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba”, que aproveita sendeiros tradicionais e servidumes de paso, a través das cales é posible percorrer unha dorsal que se alonga dende a Torre da Moa, pasando pola Pena Forcada, ata o Outeiro da Cachucha, con miradoiros naturais únicos sobre o Val de Traba.

A rura ten unha posibilidade lineal, Pasarela-Traba e á inversa, e dous percorridos circulares, un con saída de Pasarela e outro desde o aparcamento do cruce do Bañal. As actuacións leváronse a cabo despois de obter a pertinente aprobación por parte do Servizo de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Sinalética

Sinalizacion dos Penedos de Traba e Pasarela

Unha das partes fundamentais é a sinalética permite orientar o tránsito polos Penedos e consiste en paneis de inicio da ruta, paneis informativos (con códigos QR que redirixen a Wikiloc do Concello de Vimianzo) de situación. Pero os Concellos xa están a traballar nas seguintes fases, relativas a obras, equipamentos e medios de divulgación, ademais de descubrir algunha outra forma agora agochada pola espesa natureza.

Os políticos agradeceron, sobre todo, a Victor Santos e María José Mato (que ademais acaba de ser nomeada delagada en Galicia da AEPT) polo seu gran traballo.

A Xunta rescata o Plan de Xestión

Parece, que as alarmas eólicas, e a visita, serviu para que a Xunta desempolvase o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida, esquecido dende o seu nomeamento, con apenas un intento en 2018, que quedou en nada.

Porén a Xunta vén de anunciar que licitará nos vindeiros días a Redacción do Plan de Xestión, cunha vixencia prevista de 10 anos e que previsiblemente quedaría aprobado o vindeiro ano.

Novas relacionadas

Comentarios