O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo acollía onte un tenso debate arredor dos novos proxectos eólicos que afectan directamente aos Penedos de Traba e Pasarela. Uns proxectos que contan cun gran rexeitamento social e do sector empresarial, pero que continuarán cos seus procesos administrativos.
Así quedou claro tralo rexeitamento do PP á enmenda presentada polo BNG para que Xunta denegue a autorización dos parques de Monte Chan e Pena dos Mouros. Foi o deputado carballés do BNG Daniel Pérez o que defendeu na súa intervención a moción ao considerar os proxectos “unha auténtica navallada no corazón mesmo dos penedos”, “un espazo da Costa da Morte cunhas particularidades únicas no mundo”.
”Pedimos unha declaración de vontade, de compromiso, dunha Xunta de Galicia que nos ten acostumada á política de depredación do país en favor dos oligopolios enerxéticos”, retou Pérez que acusou ao PP de ir “vendendo Galicia a multinacionais cachiño a cachiño”.
O socialista Martín Seco apoio a enmenda cos argumentos ambientais na man, pero a intervención da popular Marta Nóvoa deixou clara a intención do PP, que unicamente se dirime aos trámites burocráticos e á Declaración de Impacto de Ambiental. Se be recoñece o alrto valor paisaxístico da zona, e lembrou a recuperación do mes pasado do Plan de Conservación dos Penedos (que levaba 12 anos no caixón), deixou claro que "Os proxectos hai que tramitalos”.
NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
- 23-05-21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Maio 21: Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica.
- Abril 21: "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- >
- 30-04-2021: Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela .
- 27-03-2021: O pleno de Laxe esquece os Penedos de Traba e Pasarela.
- "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- Recunchos da Costa: Os Penedos de Traba e Pasarela.
- Febreiro 21: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- ANOVA: “A Xunta paraliza a ampliación da Rede Natura para favorecer a ubicación irregular de eólicos como os de Monte Chan”.
- O BNG oponse ao PE Monte Chan, “unha ferida de morte na paisaxe dos Penedos”.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- 22-02-2021: O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida