mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Museo do Mar de Laxe expón o esquecido polas administracións Camiño dos Faros

EXPOSICIÓN CAMIÑO DOS FAROS Laxe
EXPOSICIÓN CAMIÑO DOS FAROS Laxe
O Museo do Mar de Laxe expón o esquecido polas administracións Camiño dos Faros

Segue a ser un dos grandes reclamos turísticos da Costa da Morte a pesar da escampada das administracións ante a falta de acordo coa asociación promotora. O Camiño dos Faros segue a ser o mellor produto turístico da nosa contorna da última década, e así o recoñece o Museo do Mar de Laxe cuncoaha exposición ‘O Camiño dos Faros: unha imaxe a cada paso’

Será inaugurada este domingo, 4 de agosto, ás 11:00 horas, e estará aberta ao público no Museo do Mar durante o mes de agosto.
A mostra, na que se reflicte a beleza paisaxística da ruta, está composta por preto de corenta fotografías de Trasninho Costa da Morte, Esther García, Antonio González e Chano Amado.
A asociación O Camiño dos Faros, entidade organizadora, busca homenaxear aos fotógrafos trasnos que, desde o comezo, contribuíron co seu ollar detrás do visor a visibilizar este Camiño.

CARTEL EXPOSICIÓN CAMIÑO DOS FAROS

Máis novas

 

Comentarios