Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema


Portos de Galicia executará nos vindeiros días unha limpeza de urxencia da area acumulada no porto de Laxe. Esta actuación suporá un investimento de 7.426 euros e realizarase sen detrimento de posibles accións futuras de reposición do basculamento de area na praia, que, segundo apuntan, "só poden desenvolverse a partir da primavera, por razóns climatolóxicas".
Así, Portos de Galicia retirará, "como medida inmediata, non definitiva", a area acumulada na zona da explanada, o paseo marítimo, a rampla e o carro varadoiro.
Os traballos de retirada da area darán comezo nos próximos días e terán un prazo de execución de aproximadamente unha semana polo que as previsións apuntan que o bordo portuario poida estar libre de areas a finais deste mes. A area será transportada por un camión dumper ao extremo contrario da praia, onde se espallará de maneira que quede rasanteada.
Novas relacionadas
- 26-09.-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
Máis novas
- A única praia con dúas bandeiras.
- Unha nova documental de Mandeo Records pechará a triloxía sobre o mar de Laxe.
Fonte
- Nota de prensa de Portos de Galicia.