sábado. 26.04.2025
El tiempo

A APLU arquiva a denuncia ao Tanatorio de Baíñas e ratifica o derribo dunha nave en Malpica

A APLU arquiva a denuncia ao Tanatorio de Baíñas e ratifica o derribo dunha nave en Malpica

Un particular denunciara ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) pola suposta invasión dun vial público coa construción dun tanatorio en Baíñas. Pero a APLU vén de enviar un escrito ao Concello de Vimianzo onde comunica o arquivo da denuncia.

A APLU fixo unha montaxe con todas as aliñacións e rasantes e conclúe que nas obras executadas non se constata a invasión do vial denunciado polo veciño, e que todos os datos das lcenzas están correctamente establecidos.

Unha nave terá que derrubada en Malpica

Paralelamente, O TSXG vén de ratificar a orde da APLU de derribo dunha nave na zona de Pedra Queimada, en Malpica. Unha resolución da Axencia Urbanísitica do 2007, sobre unhas naves levantadas na zona no 2000 e polas que levan pelexando para a súa legalización máis de 10 anos.

De feito, o promotor asegura que a sentenza “non se axusta a realidade”, que solicitou no seu día a licenza de obra e que mesmo empregou unha subvención do IGAPE.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Concello de Vimianzo.
  • La Voz.

Comentarios