Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Deputación apoia con 80.000€ a 34ª edición da Mostra da Olería de Buño

A Deputación apoia con 80.000€ a 34ª edición da Mostra da Olería de Buño
mostra-oleria-buno-2017 Entre o 4 e o 13 de agosto desenvolverase a 34ª edición da Mostra da Olería de Buño O presidente da Deputación da Coruña - Valentín González Formoso - e o alcalde de Malpica de Bergantiños - Eduardo Parga Veiga - asinaron onte un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial achega 80.000 euros para financiar a Mostra da Olería de Buño. Esta achega custeará o 80% do orzamento total do evento, incluíndo os gastos en publicidade, material gráfico, o aluguer das carpas e os espazos expositivos, actividades coma obradoiros para nenos e outras animacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do encontro. Valentín González Formoso, destacou que co apoio á mostra, a Deputación pretende impulsar a “olería de Buño non só como recurso cultural e turístico senón tamén como motor para a creación de emprego e riqueza na comarca” e confirmou que a institución provincial continuará colaborando no seu desenvolvemento. firma-convenio-oleria-buno-2017 O presidente da Deputación e o alcalde de Malpica asinaron onte o convenio de colaboración entre ambas institucións A Mostra da Olería de Buño, que cumpre a súa trixésimo cuarta edición, desenvolverase entre o 4 e o 13 de agosto, e incluirá actividades coma roteiros turísticos, actuacións musicais, obradoiros e distintos tipos de artesanía tradicional da zona. A mostra desenvolverase no parque Luciano García Alén, onde se situarán as casetas de venda, e no Ecomuseo Forno do Forte, que acollerá a xa emblemática cocedura tradicional. O Ecomuseo, adquirido e rehabilitado pola Deputación da Coruña, tamén ofrecerá distintas exposicións e visitas ás coleccións sobre a tradición oleira da comarca. Este inmoble conserva os elementos arquitectónicos propios dunha casa dedicada á olería, ademais de recuperar e mostrar a historia das distintas formas nas que se traballa o barro na comarca. Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios