domingo. 01.12.2024
El tiempo

A deputación cede ao concello de Malpica a xestión do Ecomuseo de Buño

A deputación cede ao concello de Malpica a xestión do Ecomuseo de Buño
Membros da Deputación achegaronse ata o Ecomuseo para manter unha reunión co alcalde de Malpica Membros da Deputación achegaronse ata o Ecomuseo para manter unha reunión co alcalde de Malpica A partir do vindeiro 1 de xaneiro o concello de Malpica de Bergantiños xestionará integramente o ecomuseo do Forno de Forte de Buño, adquirido e rehabilitado pola Deputación da Coruña que senta así as bases para unha futura cesión do ecomuseo dedicado á olería. A través dun convenio de colaboración a Deputación da Coruña comprométese a abonar o cen por cento dos gastos para o ano 2016 para o funcionamento do ecomuseo do Forno do Forte de Buño até un total 60.000 euros que xestionará integramente o concello de Malpica de Bergantiños. O convenio establece así os principios dun acordo que se encamiña cara unha futura cesión do conxunto etnográfico que foi adquirido e rehabilitado pola Deputación co fin de abrir un centro dedicado ao mundo da olería tradicional de Buño, mostrando desde a vida cotiá até todo o proceso de elaboración de pezas artesanais pasando pola exposición das distintas formas da singular alfarería de Buño, un dos tesouros patrimoniais da comarca. Os termos do acordo e da futura cesión foi un dos temas da visita do deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto Vivero a Buño na que se reuniu co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga. Compromisos  Entre os compromisos que adquire o concello de Malpica de Bergantiños atópanse o mantemento e dinamización do centro, a compilación de patrimonio etnográfico da zona, fomentar o estudo e a investigación da alfarería ou a promoción de actividades culturais arredor do mundo da olería. Establécese un horario mínimo de atención ao público de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas todos os días da semana, excepto o luns que permanecerá pechado. Nas instalacións do ecomuseo do Forno do Forte de Buño o propio espazo expositivo recupera e conserva os elementos arquitectónicos propios dunha casa dedicada á alfarería ademais de recuperar a mostrar a historia das distintas formas que se asentaron na olería da comarca. As persoas visitantes achéganse no ecomuseo a todo o proceso de produción de pezas, desde o torneado ao cocido ou o secado nun centro que contribúe a conservar e poñer en valor a cultura popular e é tamén un recurso turístico da comarca. A Deputación da Coruña apoia tamén a Mostra de Olería de Buño con 60.000 euros.

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios