Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A tradición reivindica Buño como epicentro artesán galego

A tradición reivindica Buño como epicentro artesán galego
Cocedura Tradicional do Forno do Forte na Mostra de Oleria de Buno 2016

Música e baile tradicional, arte, etnografía e mesmo a literatura, combínanse en Buño durante estes 11 días da XXXIII Mostra de Olería de Buño para reivindicar a vola malpicá como centtro cultural galego de primeiro nivel. Esta tradición artesá representa un motor económico e unha marca de identidade de toda unha comarca. E así o ve Galicia, que enche a vila oleira dende a inauguración do pasado venres.

A Raiganas puxo a musica na Mostra de Oleria de Buno A Raigañas puxo a musica na Mostra de Oleria de Buño

O alcalde Eduardo Parga tivo palabras de agradecemento para Xunta e Deputación que nunca deixan de apostar por ese evento. Recoñeceu que a tradición reafirma a identidade patrimonial da zona, pero tamén destacou o impulso económico, e a necesidade de accións de formación, comercialización e promoción no campo da olería.

Tamén interviron a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, que destacou o valor do traballo artesá “feito a man” e o papel da muller na olería de Buño, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que avogou pola internacionalización da artesanía galega e anunciou que a olería de Buño estará presente este ano en feiras de Estocolmo e Londres. A música e o baile da AC Raigañas Cerqueda, o percorrido polos stands, a visita ao Ecomuseo do Forno do Forte e a homenaxe ao Doutor Luciano García Alén no parque que leva o seu nome, na que participaron a súa viúva e a súa filla. Foi o momento máis motivo da primeira xornada, esta lembranza ao estudoso que situou coas súas publicacións á nosa artesanía nas bibliotecas dos centros de estudo etnográficos.

Homenaxe a Luciano Garcia Alen na Mostra de Oleria de Buno 2016 Homenaxe a Luciano Garcia Alén na Mostra de Oleria de Buño 2016

Carga do Forno da Cocedura Tradicional

Unha das citas máis auténticas da Mostra e a #CoceduraTradicional. O Forno do Forte encheuse o sábado no único forno comunal que queda na zona, pois agora os oleiros cocen en fornos eléctricos. Era esta unha data singular, na que todos os oleiros da volta reuníanse para facer da cocedura unha auténtica festa.

Cocedura Tradicional do Forno do Forte na Mostra de Oleria de Buno 2016 3 Cocedura Tradicional do Forno do Forte na Mostra de Oleria de Buno 2016 3 Cocedura Tradicional do Forno do Forte na Mostra de Oleria de Buno 2016 3

Unha semana máis

Esta fin de semana foi só o comezo. Queda unha semana completa de actividades, exposición, demostracións, música... Non perdades o programa completo, que calquera día ata o vindeiro luns 15 de agosto, é bo para pasar por Buño.

 

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios