Domingo. 23.01.2022
El tiempo

A Tralla: "Os Heredeiros van queimar Malpica"

A Tralla: "Os Heredeiros van queimar Malpica"

Xa queda menos. A Axenda Festivaleira do verán está a piques de comezar co Asalto ao Castelo de Vimianzo. E sen tempo para descansar, o vindeiro sábado 14 de xullo, Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012. Cos Heredeiros e con moito máis, e para iso falamos cun dos seus organizadores, a cara máis coñecida da A.C. Tralla, o actor Santi Romay.

  • QPC: Moi boas Santi, vímosvos á xente da Tralla esta fin de semana polo Derrame Rock. Vaia festivalón?

Santi Romay: Pois si, aquí estamos recuperándonos un pouco do Derrame. A verdade é que xa é un festival con nome a nivel estatal. Na Costa estaría ben, pero sería necesario un sitio axeitado. No Polígono de Vimianzo estaría ben...

  • QPC: E os Heredeiros, que a liaron bastante, avisaron en directo de que Malpica vai tremer...

Santi Romay: Sen dúbida, cumpriron as nosas espectativas. Soaron potentísimos, espectacular. E durante o concerto xa dixeron que viñan queimar Malpica. Porque ao Nordestazo lle teñen especialmente gañas, ao seren de Ribeira, os concertos de costa son os seus favoritos.

Para nós e para a Costa da Morte enteira é un orgullo traelos a xente de aquí tenlle moitas gañas. E fijo que van facer un directo brutal.

  • QPC: Daquela, os Heredeiros sobre que hora tocarán? Que máis nos ofrece o Nordestazo?

Santi Romay: Os Heredeiros terán 2 horas e media, e empezarán, se todo saen ben ás 0:10. Pero a festa comeza moito antes. Os Skarallaos estarán, en sesión acústica na zona da praia, sobre ás 18:30h. Ao remate, un rato par ir cear polos locais, e xa abrimos as portas ás 21:00h. A partir das 22:00h, xa chega a música con Moon Cresta e Exit.

E despois dos Heredeiros teremos a oportunidade de escoitar o mellor rap galego que hai, os Dios Ke te Crew, que tocarán unha horiña; e rematará cunha sesión de rockandroll con DJ Tono.

O festival está para acabar ás 4.15h, e de aí a tomarlle algo aos localazos de Malpica.

  • QPC: Porque a festa nunca remata cos concertos?

Santi Romay: Que va. Xa os anos pasados a xente quedou moita noite. O interesante será aguantar a ver o amencer dende a que foi sempre a ruta da Parrachiña. Así se chabama hai 10-15 anos, e nós tamén queremos levantar a festa en Malpica, que está de capa caída. Hai que darlle vida ao turismo en Malpica e queremos que o Nordestazo tamén sexa algo positivo para a hostelería. Ademais, están colaborando con nós, e polo menos que leven un día de gañancias tamén e a xente que veña pola música que quede a tomar unhas copiñas

  • QPC: Indo xa aos asuntos máis técnicos, este ano o Festival muda de zona non?

Si este ano volve precisamente a onde tocaran os Enemigos hai máis de 10 anos, onde se facía antes o festival de rock malpicán, no peirao norte, entre a lonxa e a fábrica.

  • QPC:E a venta de entradas vai a bo ritmo polo que temos entendido...

Santi Romay: Vai vai, xa pasamos das 2.500 e esperamos chegar ás 4.000 nesta última semana. Trallaaa!!


E ti que, non queres josar?!?!

Máis info do Nordestazo

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Fonte

comentarios