Venres. 19.04.2024
El tiempo

Bota a andar o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda

Bota a andar o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda
Tecnicos politicos e directivos de asociacions de Cerqueda nunha xuntanza de traballo para o proxecto Croa do Castro

Trala súa visita in situ hai un par de semanas, o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda botou a andar a pasada fin de semana. Na alcaldía do concello de Malpica, celebrouse unha reunión de traballo na que participaron o primeiro edil malpicán, Eduardo Parga Veiga, o concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, os técnicos municipais Antón Noceda e Patricia García, os directivos de Monte d’Arxa, Manuel Chouciño Garrido e Xosé Manuel Varela, así como os arqueólogos encargados do proxecto Xosé Gago e Alejandro Laíño Piñeiro.

O concello deulle o viste e prace ás condicións técnicas e económicas da proposta de recuperación. Agora tramitará todos os permisos diante das consellería de Medio Rural, da cal depende a parcela, e do departamento de Patrimonio da Consellería de Educación e Cultura.

Se todo transcorre segundo a planificación prevista é posible que no primeiro semestre de 2014 xa se poidan ter desenvoltas accións de desbroce, divulgación do proxecto e educación castrexa no ámbito social, hostaleiro e Para o mes de agosto, prevese vincular o castro xa desbrozado como recurso turístico coas actividades da Mostra da Olería de Buño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios