Bota a andar o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda


Trala súa visita in situ hai un par de semanas, o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda botou a andar a pasada fin de semana. Na alcaldía do concello de Malpica, celebrouse unha reunión de traballo na que participaron o primeiro edil malpicán, Eduardo Parga Veiga, o concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, os técnicos municipais Antón Noceda e Patricia García, os directivos de Monte d’Arxa, Manuel Chouciño Garrido e Xosé Manuel Varela, así como os arqueólogos encargados do proxecto Xosé Gago e Alejandro Laíño Piñeiro.
O concello deulle o viste e prace ás condicións técnicas e económicas da proposta de recuperación. Agora tramitará todos os permisos diante das consellería de Medio Rural, da cal depende a parcela, e do departamento de Patrimonio da Consellería de Educación e Cultura.
Se todo transcorre segundo a planificación prevista é posible que no primeiro semestre de 2014 xa se poidan ter desenvoltas accións de desbroce, divulgación do proxecto e educación castrexa no ámbito social, hostaleiro e Para o mes de agosto, prevese vincular o castro xa desbrozado como recurso turístico coas actividades da Mostra da Olería de Buño.
Novas relacionadas
- Croa do Castro: A arqueoloxía oleira.
- Monte d’Arxa recuperará a Croa do Castro como recurso turístico.
- De viaxe pola Malpica da primeira metade do século XX.
- “O Proxecto das Croas de Niñóns non se podería levar a cabo sen os veciños”.
- A arqueoloxía social que descobre murallas.
- As Croas de Niñóns: novo exemplo de vangarda arqueolóxica dende a Costa da Morte.
- Recuperación internacional dos sendeiros de Titania.
- O Castro de Mallou abriuse aos veciños nun novo exemplo de arqueoloxía social.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).