A Casa da Cultura de Seaia acollerá este sábado a Cea das Letras 2021
Volve unha nova edición da picante e consolidada Cea das Letras. Unha cita gastronómica-cultural organizada polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón co gallo do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, e que servirá para coñecer o fallo desta edición.
A Cea, que se celebra este vindeiro sábado 13 de novembro ás 20:30 horas e que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña, tamén serve para presentar o libro “Na república da intimidade” de Ricardo Seixo, e para disfrutar ca música das Cantareiras de A.C. Raigañas e Os Farrapos.
Todas as persoas interesadas en asistir á Cea das Letras, que ten un prezo de 20 euros, poden reservar praza chamando á Asociación Cultural Caldeirón no teléfono 649 507 285 ou ao Concello de Malpica no 981707104.
De Fronte
De novo e un ano máis, o Concello de Malpica adhírese á campaña impulsada pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña: "De Fronte á violencia de xénero” con motivo da conmemoración, o vindeiro 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Histórico dos Concursos de Poesía Erótica
- 2020: Charo Pita e Laura Ramos Cuba, gañadoras do XV certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
- 2019: A picante Cea das Letras deu a coñecer a nova gañadora do Certame de Poesía Erótica.
- 2018: A Cea das Letras, o emotivo punto de encontro da poesía erótica galega.
- 2017: As Letras Eróticas tamén homenaxean a Paco Souto.
- 2016: Xavier Queipo, gañador do XI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
- 2016: O Certame de Poesía Erótica de Malpica, unha colección única.