Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A confraría de Malpica continúa aproveitando os recursos do mar cun novo plan de explotación de ourizo a pé

Ourizo da Costa da Morte
A confraría de Malpica continúa aproveitando os recursos do mar cun novo plan de explotación de ourizo a pé

Ademais da estrela de mar e das anémone, e á espera de novidades sobre as algas, a Confraría de Malpica proponse aproveitar outro dos recursos mariños dos que ata agora non prestamos demasiada atención.

Dende o pósito malpicán acaban de recibir o visto bo e aprobación do plan de explotación de ourozo a pé. O mesmo lógrase tras arduas xestións iniciadas a finais do ano 2019 e que por fin obtiveron un resultado positivo.

Este novo plan, xunto co das anemones, permitirá dinamizar, diversificar e mellorar as rendas e vidas dos afiliados a 10 persoas que conten xa co permex do percebe a pé en vixencia e sexan afiliadas da Confraría de Malpica.

Ademais, dende a Confraría constataban a redución brusca de mariscadoras e mariscadores a pé polo que decidiron poñer en marcha novos plans para facer máis atractivo o emprego no mar e que permita fixar poboación nas zonas costeiras e desenvolver unha vida digna nas mesmas poñendo en valor os diferentes recursos mariños.

”Houbo que loitar moito nas xestións e tamén administrativamente, implicando horas e custes (non só económicos)”, explican dende o pósito, polo que piden valorar dito esforzo e levarán accións a fin de que o propio sector valorice este recurso para que non só seca explotable polas xeracións actuais, senón poder deixar semente de futuro e que alguén recolla o testigo.

Comunica o pósito que “agora só queda esperar a que publiquen o proceso selectivo para acceder a ditos permex, confiando en que coa axuda do sector, Malpica volva ser unha referencia no sector marítimo”.

Novas relacionadas

Comentarios