El Niño ródase na Costa da Morte

21:30 28/01/15
Hai moitas cousas que mellorar pero quedamos encantados vendo as novas propostas amateurs do audiovisual costeiro. Hoxe imos ata a zona de Bergantiños, onde tres mozos veñen de realizar unha grabación ben simpática.
Chámase El Niño, en clara alusión ao filme de Daniel Monzón que triunfou nas salas de cine o ano pasado. A trama vai de droga, pero esta ródase en plena Costa da Morte.
Nacía como un regalo a unha familiar que pedira hai un mes a devandida película en dvd. Pero aos Anxo Garrido (natural de Cerqueda), Javier Caamaño (Buño) e Raquel Bello (Ponteceso), pareceulle mellor regalo facer esa reproducción caseira a menor escala.
O resultado deste primeiro capítulo (colléronlle gusto e seguro que repiten), polo de agora, é este:
Novas relacionadas
- A formación audiovisual como saída profesional de calidade para a mocidade.
- O edificio dos 100 actos.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
