Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Malpica e Cee saíron á rúa contra a emigración galega

Concentracion de Via Galega contra a emigracion en Malpica
Esta pequena, a viva imaxe da concentración de Vía Galega contra a emigración en Malpica
Malpica e Cee saíron á rúa contra a emigración galega

Este pasado sábado 14, os concellos de Cee e Malpica foron dous dos 43 concellos de toda Galicia que se sumaron ás concentracións convocadas pola plataforma social Vía Galega para pechar a súa campaña “Non emigramos. Expúlsannos”.

Unhas 60 persoas acodiron á chamada bergantiñá, e unhas 30 á de Cee, contando co mal tempo reintante. Pero a chamada vai máis alá das propias concentracións. Como levan lembrando durante toda a campaña, e como lembrou o manifesto, nos últimos 10 anos son máis de 200.000 persoas as que abandonaron Galicia, das cales 80.000 eran menores de 30 anos.

Eu quedo aqui lembra a concentracion Via Galega en Malpica
"Eu quedo aquí" lembra a concentración Vía Galega en Malpica

A plataforma, conformada por máis de 70 entidades sociais do país, insta a que os concellos tomen conciencia e parte activa no drama que supón a emigración e que demande ao Parlamento Galego tomar medidas, “xa que estamos nunha comarca con talento e potencialidades que cómpre poñer en valor. Defendendo a base produtiva e unha economía autocentrada que mobilice todos os recursos para xerar emprego e riqueza na comarca”, explicou Miguel Muíño.

Á concentración estivo apoiada pola veciñanza, militantes do BNG e da CIG das comarcas de Bergantiños e Cee.

Xaime Trillo leu o manifesto de Via Galega en Cee
Xaime Trillo leu o manifesto de Via Galega en Cee

Concentracion contra e migracion de Via Galega en Ce

NOVAS RELACIONADAS

Artigos relacionados

INFORMES DE LOUZÁN

Comentarios