Sábado. 06.06.2020
El tiempo

Vía Galega invita a saír á rúa contra o drama da emigración

Presentación en Malpica das concentraciíns de Via Galega en Bergantiños
Presentación en Malpica das concentraciíns de Via Galega en Bergantiños
Vía Galega invita a saír á rúa contra o drama da emigración

A Costa da Morte é a comarca galega que máis poboación perde, con datos que se arrastran dende o 2009. Un descenso poboacional provocado polo envellecemento da poboación peor tamén pola emigración, unha enfermidade da nosa sociedade que non acaba de solventarse. Emigración ao estranxeiro, a países como Alemaña, que xa esixen licenciados en medicina ou enxeñería; pero tamén emigración interna a lugares como Cee e Carballo (os únicos que non perden poboación), onde se traslada a xente das parroquias por falta de servizos no rural.

Son cousas que quere poñer enriba da mesa a plataforma Vía Galega. Unha plataforma integrada por máis de 70 entidades sociais e culturais en defensa dos dereitos nacionais de Galicia, de diferentes cores políticas e ideoloxías, pero que sofren igualmente o abandono das administracións. Así o explicaron onte Adriana Negreira, Miguel Muíño e Xulio Nieto, naturais de Malpica.

Os coordinadores da plataforma na Costa da Morte anunciaron a campaña “Non emigramos, expúlsannos. Soberanía para crear traballo digno”, que chega a bisbarra con dúas concentracións este sábado 14 ás 12 do mediodía ás portas dos concellos de Carballo e Malpica, como en ducias de cidades e vilas galegas.
Unhas concentracións para lembrar que estamos ante unha “emerxencia nacional”, que nacen para concienciar e deixar claro que a loita vai continuar ata que non se tomen medidas.

Muíño lembrou a moción presentada en todos os concellos e no parlamento galego, que foi rexeitada unicamente polo PP, que propón a apertura dunha ponencia sobre a emigración no Parlamento co obxecto de que, no prazo de cinco meses, se estudasen e propuxeran medidas e políticas necesarias para rematar con este drama social que golpea o pobo galego. A campaña integraba tamén un manifesto e charlas nas universidades, e remata este sábado con esta concentración para dicir alto que “queremos traballo digno na nosa terra, que non marchamos, que nos expulsan e que precisamos acabar con este gravísimo problema que é a emigración”.

Fixo un paralelismo Muíño coa mítica foto que simboliza a emigración galega do século pasado. “A mesma foto daríase actualmente, pero cos medios de transporte de hoxe non a percibimos igualmente porque é un goteo continuo de xente marchando”.

Tamén está enriba da mesa a situación económica. “Galicia somos riquísimos en enerxías renovables, unha das maiores potencias a nivel europeo, e que esteamos con problemas nas nosas industrias electrointensivas, poñendo en perigo máis de 1.000 postos de traballo é incrible. Que nos queda, a maleta?”, laméntase.

Novas relacionadas

Informes de Louzán

comentarios