Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Malpica prepara o gradiómetro para continuar co proxecto da Croa do Castro de Cerqueda

Prospeccion  xeofísica proposta para A Croa do Castro de Cerqueda na campaña 2020
Prospeccion xeofísica proposta para A Croa do Castro de Cerqueda na campaña 2020
Malpica prepara o gradiómetro para continuar co proxecto da Croa do Castro de Cerqueda
O Concello de Malpica consigue a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para pasar o gradiómetro na Croa do Castro de Cerqueda.
 
 A primeira acción a executar será un desbroce mecánico con control arqueolóxico para
que a superficie do castro permita desenvolver a prospección con toda a comodidade.  
 
Segundo o arqueólogo Carlos Otero Vilariño, “se non fora pola chuvia caída durante esta semana, xa se poderían ter realizados os labores técnicos de campo estes días”. Durante o pase do gradiómero, Carlos Otero contará coa colaboración da poboación local e membros do INCIPIT, respectando as medidas COVID. 
 
Tralo traballo de campo e a montaxe das imaxes de profundidade obtidas, o Concello de Malpica exporá os resultados ao público.
 

comentarios